miércoles, 22 de mayo de 2024

Imos de MUSICAL!!

Ola peques e familias!! 

Despois de varias semaniñas lendo en todo o cole o libro que Libria nos agasallou, titulado "O VIOLINO DE LUÍSA"... revelounos a GRAN SORPRESA!! 


Enviou aos CARTEIR@S a 

entregarnos unha CARTA!! 

E sabedes que?? IMOS DE MUSICAL!! 

Libria invítanos este venres 24 a un espectáculo baseado no libro anterior, onde a protagonista será a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: Luísa Villalta Gómez acompañada do seu violino (así lle gustaba chamar ao seu violín)!! Estamos desexando que chegue o día!! 

Xa vos contaremos máis, 

estade atent@s!! 

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario