Bo día peques e familias!!
Fai uns días LIBRIA e a súa axudante abriron as portas da BIBLIOTECA do cole para darlle a BENVIDA ao alumnado que se incorporou este curso en Educación Infantil, ademais de reencontrarse cos seus amiguiños/as que xa estaban no cole!!
Foi unha xornada preciosa na que descubriron tooooooodos os recunchos da biblio e puideron encher a Libria de agarimo!!
Incluso descubrimos que a biblio ten dúas plantas e a de abaixo está chea de XOGOS, material de ARTE e moitas cousiñas máis!!
Ademais Libria tiña preparados para eles/as dous agasallos: un debuxo da súa foto para colorear e unha pegatina!!
Levaron tamén unha cartiña onde Libria lles conta en primicia que día abrirá a biblio para todo o cole!!
Encantoulles tanto todo que se lles fixo curta a visita!! Pero xa lles dixemos que podían volver cando quixeran!! Xa nos tarda volver a velos entre libros!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!