jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Xa temos algunhas recomendacións dos nosos "Booktubers"


Dylan, de 1º A, achéganos esta recomendación dun libro sobre o deporte que máis lle gusta.


Silvia (2º B), e Ramón (5º B), recomendan co seu pai "O vendedor de tormentas" polo ben que o pasan cando se lembran do personaxe, e o entretida que é esta historia.



Javi, de 2º A, le para nós un pouco de "A qué sabe a lúa". Un libro fantástico.

Inés e Alberto, de 1º A, fan este vídeo cos seus libros favoritos.


Celtia, de 1º A, envíanos estas recomendación con mensaje positivo.


Dani, de 1º B, achéganos a sua torre de libros e un vídeo con eles moi bonito.


Clara, de 1º B, fainos estas recomendacións de lectura.



Iker, de 1º B, recomenda e le un pouco do conto que lle gusta.

Sergio, de 1º A, achéganos unha fantástica recomendación literaria.

Breo, de 1º B, envíanos unha torre de recomendacións dos Bolechas.
Ylenia, de 1º B, amósanos a lectura do Rea León.
Pablo, de 1º B, felicítanos coa sua torre de libros.



Miguel, de 1º A, achéganos unha recomendación moi interesante, e le un pouquiño do libro.

Leo envíanos un vídeo e un debuxo moi bonito coa súa recomendación.



E a profe Fátima, de 6º B, achéganos este consello con libros para ensinarnos a contar contos.

lunes, 20 de abril de 2020

BOOKTUBERS POLO DÍA DO LIBRO

O mércores desta semana, 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro. Esta é sempre unha gran data no cole, na que aproveitamos para facer actividades relacionadas con libros e con autores. Por iso, e xa que este curso a celebración vai a ser diferente, podedes enviar se vos apetece, ó correo da biblio, un vídeo no que faledes dalgún libro que vos guste, ou algunha mensaxe con frases dos vosos libros favoritos, ou ler un fragmento do libro que estades a ler agora mesmo. E ser así os "BOOKTUBERS POLO DÍA DO LIBRO".
Agardamos os vosos videos en: 
bibliotecatorreilla@gmail.com
Animádevos!!!!

sábado, 18 de abril de 2020

CONTOS EN REDE

Como estes días non podemos visitar a biblioteca, e levar os préstamos para a casa, hoxe compartimos  algunhas webs que poden axudarnos a non perder o contacto con novos títulos e novos contos. Agardamos que vos gusten.
 Pinchade nas imaxes para visitalos.




lunes, 13 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO BICO

O 13 de abril é o "Día Internacional do bico". E coa intención de mandarvos moitos bicos, deixamos esta escolma de libros relacionados con bicos. Moitos deles poderedes atopalos á volta na biblioteca do cole. Bicos!!!

jueves, 9 de abril de 2020

O PAPAGAIO

A revista "O Papagaio", que adoitades ler na biblioteca do cole, permite estes días que vexamos exemplares da revista en internet. Pinchade na imaxe para poder velas en "OLLA O PAPAGAIO".