Mostrando entradas con la etiqueta Hora de Ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hora de Ler. Mostrar todas las entradas
06 junio 2024
26 enero 2023
LIBRIA TEN NOVOS AXUDANTES!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
ESTA SEMANA O ALUMNADO DE 6º GUIOU E FORMOU A UN GRUPIÑO DE VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DE 5º PARA AXUDAR A LIBRIA COS EMPRÉSTAMOS DA BIBLIO E... PASÁRONO XENIAL!!
E RECORDADE QUE: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
30 marzo 2020
GALICIA LE
A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o mundo o seu catálogo dixital con máis de 4500 obras. A través da plataforma "GALICIA LE" poderás acceder en préstamo a todos eses fondos.
22 marzo 2019
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
Entre o 11 e o 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa na Escola. Unha iniciativa marcada no calendario escolar que fai da prensa un elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.
Uns carteiros moi especiais percorreron as aulas deixando lotes de revistas e xornais para as "Horas de Ler" e as diferentes actividades dos cursos.
E tamén comezamos co préstamo de revistas. Busca aquelas que están sinaladas cun punto verde e poderás levalas un tempo para a casa.
25 enero 2019
HORA DE LER COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
ÉRASE UNHA VEZ... Así comeza a nosa aventura de oír, de escoitar, de mirar, de gozar coa palabra... Con ela pretendemos achegar ós nenos e nenas á literatura dun xeito lúdico e divertido. Con ela queremos que os cativos/as descubran o goce que produce a lectura e a escoita de contos. Estes, ademais de conectar cos seus propios soños e fantasías, farán que medreo seu vocabulario, que aprendan valores, e se acheguen de xeito divertido á escritura.
Tamén aprenderán a coidar os libros e a respectar a data de devolución, para non impedir a rotación dos contos entre todas as familias. Os contos irán para as casas os xoves e volverán os luns e poderán facer o debuxo e escribir o título no caderno que vai nas bolsas de préstamo.
12 junio 2018
MENCIÓN ESPECIAL PARA "MI PESADILLA FAVORITA"
O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNII), mediante a plataforma "Leer.es", ven de distinguir cunha "Mención Especial" do xurado o traballo do alumnado de 5º de Educación Primaria na elaboración dun "bibliotráiler". A obra escollida foi "O meu pesadelo favorito", de María Solar. O bibliotráiler creouse coa técnica "Stop Motion". Este traballo forma parte do proxecto que a biblioteca do centro está a desenvolver neste curso, relacionado co cine e as emocións. Parabéns ó noso alumnado!
05 junio 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












