sábado, 22 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

 Ola a todos e todas!!

Como cada ano por estas datas

Libria preséntanos...

AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

PARA O VERÁN 2024!!

Desfrutade das vosas lecturas favoritas,
e recordade que...

"Un día sen ler, é un día perdido".

FELIZ VERÁN!!


domingo, 9 de junio de 2024

Apadriñamento dunha DORNA!!

Ola peques e familias!! 

Este curso grazas ao proxecto "BENESTART" tivo un plus de ARTE e de CONVIVENCIA!! Unha das actividades estrela, foi o "APADRIÑAMENTO DUNHA DORNA"!!

 

Recibímola con moita ilusión!!


 O obxectivo era restaurala, pintala e que volvese a navegar!! Primeiro tocou que cada nen@ plasmase nun papel a súa idea!!

 Despois elexíronse varias e, coa gran axuda do profe Toño, puxémonos mans á obra!! 

Foi unha experiencia preciosa que implicou a todo o cole e que LIBRIA non quixo perderse, así que pincel en man ela tamén axudou!! 

Quedou espectacular!! Está exposta xunto cos debuxiños de tod@s @s peques no AUDITORIO DO CONCELLO!! Animádevos a visitala!!

 Ademais, todos os deseños formaron parte deste precioso collage!! 

Grazas ao EDLG do cole e á 

ç

por todo!! 

Desexámoslle á nosa dorniña moitas viaxes estupendas!! 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 6 de junio de 2024

Visita d@s peques da GALIÑA AZUL!!

Ola peques e familias!! 

Libria hoxe púxose moi contenta!! 

@s peques da Galiña Azul visitaron a biblio e foi moi emocionante velos gozar dos diferentes recunchiños e dos contos!! 

Marcharon moi felices co seu libriño de pegatinas!! 

Esperámosvos en setembro!! 

E grazas ao bo día que fixo a HORA DE LECTURA en moitas clases trasladouse ao patio!! Creáronse preciosas imaxes!! 

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 30 de mayo de 2024

Apadriñamento lector co IES A Basella!!

 Ola peques e familias!! 

A actividade dos "APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES" entre o alumnado de diferentes aulas no noso centro sempre é un éxito pero Libria non deixa de argallar cousas novas e a semana pasada viñeron uns CONTACONTOS diferentes para @s peques do cole!! 

@s nen@s de primeiro de bacharelato do IES A BASELLA visitáronnos para realizar xunt@s lecturas xeniais!! Todos os recunchos do patio se encheron de LIBROS!!


Foi unha actividade preciosa!! Pero aínda había máis!! Prepararon unha MANUALIDADE para facer con nós, vaia marcapáxinas de corazón máis chulos nos quedaron!! 

ARTE E CONVIVENCIA DA MAN EN AMBAS ACTIVIDADES!! Para rematar, xuntámonos para coñecernos mellor, darnos uns detalliños e despedirnos contando de volver a repetir o curso que vén!! 


MILES DE GRAZAS á profe Lidia e ao alumnado de bacharelato, algúns antig@s alumn@s do cole!! Que ilusión engadida!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

sábado, 25 de mayo de 2024

Chegou o día do MUSICAL!!

Ola peques e familias!! 

Despois de moitos preparativos e sorpresas previas... chegou o GRAN DÍA!! O MUSICAL que Libria e o seu equipo organizou para todo o cole con moitísima ilusión!! Así que TODO O COLE nos puxemos rumbo ao auditorio para gozar deste grann espectáculo!! 

Vivimos unha experiencia de "BENESTART", poñendo un dos broches de ouro ao noso PROXECTO DESTE CURSO!! 

Moita convivencia, moita arte e a nosa lingua e Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas,  como protagonistas!! 

Aquí algunha mostra da xornada tan estupenda que pasamos cantando e bailando en galego!! 

Pero o día continuou cunha derradeira SORPRESA!! A autora, e tamén cantante do musical, veu ao noso cole para ASINARNOS a TOD@S o libro!! 

TAmén quixo coñecer á nosa mascota Libria!!

Entregámoslle un detalliño en mostra de agradecemento e o CARTEL que fixeron as nosas compis de 6º María e Catuxa!!

Estupenda Verónica Santalices!! Moitas grazas por todo!! 

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!