jueves, 31 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018



O expositor da biblioteca adicado ás "Letras Galegas 2018" ten varias colecións con libros de María Victoria Moreno, doadas polo concello, para seguir traballando á homenaxeada este ano no "Día das Letras Galegas".


Tamén podedes consultar os exemplares da "Revista Carcamán" deste curso, que ten coma protagonista de portada á nosa mascota caracterizada de superheroína. 

jueves, 3 de mayo de 2018

ABRIL, MES DOS LIBROS

 Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da"Semana do libro" do 23 ó 27 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.

Nos recreos da "Semana do libro" fixemos intercambio de libros no "TROCOBOOK"
Tamén visitounos Anxo Moure para contarnos algúns contos e reciclar as malas novas que saen nos xornais.

Os intercambios de lectores entre aulas deixaron momentos coma este en Educación Infantil.

E os "apadriñamentos lectores" encheron todos os recunchos do patio para que os maiores agasallaran cunha lectura ós máis pequenos.