Mostrando entradas con la etiqueta Sorpresa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sorpresa. Mostrar todas las entradas
22 marzo 2025
16 marzo 2025
Sorpresiña de Libria!!
Ola peques e familias!!
A biblio continúa con moita actividade todas as mañás!! Especialmente no recreo prodúcese unha reunión preciosa de peques con diferentes motivacións!! E todas marabillosas!!
Encántamos ver esas cariñas cheas de sorrisos!! Pero ademais... Libria, o seu equipo de voluntarios/as de sexto e mestras coa colaboración do concello levan unha temporada preparando unha SORPRESIÑA para todo o cole!!
Xa está todo preparado... nuns días descubrirémola!! Que será, será?? Admítense apostas nos comentarios!!
Así comeza a CARTA que pronto recibirán todas as aulas!!
Que misterio...
E antes de despedirnos
recordarvos que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
17 febrero 2025
Sorpresón para Educación Infantil!!
Ola peques e familias!!
Libria leva moito tempo argallando unha GRAN SORPRESA para @s peques do cole!!
Buscaba a maneira máis práctica e chula para que os LIBROS puidesen viaxar ás casas a través do PRÉSTAMO LECTOR!! 
E sabedes que?? Conseguiuno!! Así que se puxo mans á obra para preparalo todo e sorprendel@s á volta do Nadal!!
Cando xa o tiña listo invitou aos peques e ás súas mestras á biblio!!
Vaia SORPRESÓN levaron!!
Non o esperaban pero pronto tiveron claro que querían usalos para levar LIBROS!! Estaban tan agradecid@s que encheron de apertas a Libria!!
E a motivación e ilusión eran tan grandes que as mestras tiveron que darse présa e a actividade xa se puxo en marcha enseguida cos novos e chulísimos MALETÍNS!!
Así que xa levan varias semaniñas disfrutando desta nova actividade e polas cariñas... vese que están encantad@s!! E Libria e o seu equipo non poden estar máis felices!!
Aínda quedan cousiñas que contar sobre isto!! Estades atent@s!! Polo de agora toca coidalos moito e recordar sempre que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
07 abril 2022
Sorpresa, sorpresa!!
BOA TARDE PEQUES E FAMILIAS!!
LIBRIA hoxe amaneceu moi nerviosa!!
Ten un SORPRESÓN
para a volta das vacacións
pero...non pode dicir moito!!
Despois de darlle moitas voltas...
ocurríuselle unha idea!!
Deixar aquí unhas PISTAS para que
lle deamos unhas voltiñas!!
Que boa pinta ten todo!!
E este banquiño...
ten que ser ben cómodo!!
Esta palabriña pegada a LIBRIA...
moito me sona!!
E todos estes libros chulísimos??
QUE PODERÁ
SER A GRAN SORPRESA??
Bueno, dixemos unha sorpresa pero en
realidade o terceiro trimestre
ven cargadiño delas!!
E parece que AMARANTA,
A CARTEIRA SARAMAGANTA,
gran amiga das nenas e nenos de terceiro
e primeiro deste cole...ten moito
que ver coa primeira das SORPRESAS!!
QUE ILUSIÓN E QUE GANAS!!
MOITAS APERTAS LECTORAS!!
Ata prontiño!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













































