30 octubre 2026
Chegou o Samaín!!
Esta semana ao entrar na biblio os/as peques atopáronse cunha sorpresa ben terrorífica!!
25 octubre 2026
Día das bibliotecas escolares!!
Ola peques e familias!!O 24 de outubro conmemórase o DÍA DAS NOSAS BIBLIOTECAS!! No noso cole é un recunchiño moi especial a onde o alumnado sempre quere volver e iso é a maior motivación para seguir traballando e introducindo novidades!! Aquí teñen un lugar seguro e tranquilo onde a lectura lles traslada a vivir aventuras, aprender e disfrutar!! Pero tamén poden desenvolver a súa creatividade, a lóxica e o razoamento cos xogos ou a competencia dixital, entre outras moitas cousas!! A convivencia entre peques de diferentes idades que se axudan, se complementan e se divirten xuntos/as é outra marabilla da nosa biblioteca! Ademais, de que é preciosa e está moi actualizada, ben equipada e ten á mellor mascota do mundo mundial, a nosa Libria!! Que afortunados/as somos!! Pero hoxe pode ser un bo día para visibilizar tamén un pouquiño do traballo que hai detrás. Horas e horas invisibles do equipo de biblioteca e dos/as voluntarios/as de sexto que cando comezan a colaborar se sorprenden!! É moi chulo escoitar os seus comentarios a este respecto e a súa disposición por axudar e facer todo máis sinxelo!! A biblio ofrece actividades que requiren moita preparación, como as que ofrecemos na planta de abaixo coa súa xestión de pases, comprobación de que os materiais estén a punto (afiar, repoñer cores gastadas, ordear lapiceiros...) e moito máis!! Pero tamén a posta a punto das mochilas ou maletíns viaxeiros antes de chegar ás aulas e as casas ou libro por libro dos espectáculos!!Ou a decoración de espazos para sorprender e motivar!! E a selección de contos relacionados con cada momento ou conmemoración!!A xestión do voluntariado tamén require de moitas reunións, reorganizacións e xestións!! Pero a verdade que é unha das actividades que máis merece a pena por todo!! Aínda que a maioría das horas se invirten na xestión dos fondos. Realízanse expurgos necesarios cada pouco, baixas, actualizacións, valoración de novidades interesantes coa súa correspondente catalogación e pegado de códigos... A parte estética tamén é importante e estamos pendentes dela día a día pero a grande reforma tivo lugar fai uns aniños cando, chegado o COVID, decidimos darlle unha gran volta!! Recordemos un pouquiño... Reorganizar, pintar, expurgar, medir, colocar... moitas horas que foron traducíndose en pequenos cambios e desembocaron nunha grande inauguración e que hoxe se ven reflexadas nun estupendo resultado!! GRAZAS a todas e cada unha das persoas que formastes e formades parte do EQUIPO DE BIBLIOTECA e a todas aquelas que doutras maneiras sempre estades dispostas a axudar!! VIVA A BIBLIOTECA DO CEIP TORRE ILLA!! Apertiñas lectoras!!
01 octubre 2026
Apertura da biblio!!
Ola peques e familias!!
Chegou o día tan esperado!! Hoxe, xoves 1 de outubro, no mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES, abriu a nosa e xa se formou unha boa fila para entrar!! Tiñamos moitas ganas de poder ir nos RECREOS e tamén de visitala semanalmente coas profes!! Por iso hoxe xa foi un éxito!!O ordenador botou fume de tantos libros que se levaron en préstamo!! E foi marabilloso ver aos peques que non puideron esperar a chegar a casa e xa comezaron as súas lecturas no patio!!Canto imos a ler para aprender, descubrir e vivir moitas aventuras a través dos libros!!E recordade que: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































