01 octubre 2026

Apertura da biblio!!

  Ola peques e familias!! 

Chegou o día tan esperado!! 
Hoxe, xoves 1 de outubro, no mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES, abriu a nosa e xa se formou unha boa fila para entrar!! 
Tiñamos moitas ganas de poder ir nos RECREOS e tamén de visitala semanalmente coas profes!! Por iso hoxe xa foi un éxito!!
O ordenador botou fume de tantos libros que se levaron en préstamo!! 
E foi marabilloso ver aos peques que non puideron esperar a chegar a casa e xa comezaron as súas lecturas no patio!!
Canto imos a ler para aprender, descubrir e vivir moitas aventuras a través dos libros!!
E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!

1 comentario: