miércoles, 18 de mayo de 2022

17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

 Ola peques e familias!! 

POR FIN CHEGOU O 

DÍA DAS NOSAS LETRAS!! 

E con el...dúas 

PUBLICACIÓNS IMPORTANTÍSIMAS!! 

A recopilación de todo 

o traballado no cole 

dentro do PROXECTO 

do EDLG: 

"Tíralle da rede", 

englobado no PDI  que todos 

os cursos parte da BIBLIOTECA:

"ENREDANDO COA PESCA". 

E tamén... 

A REVISTA CARCAMÁN 21-22!! 

É espectacular!!

ENLACE:

PÁXINA WEB DO CEIP TORRE-ILLA.

Grazas familias pola 

vosa colaboración!! 

Os froitos do traballo 

en equipo non puideron 

ser mellores!! 

LIBRIA está moi feliz!!

Apertiñas!!


viernes, 13 de mayo de 2022

Encántanos a BIBLIO!!

Ola, ola familias e peques!!  

Dende que abriu a nova BIBLIO 

non deixamos de visitala, disfrutar dela 

e coidala moito!! 



Ata LIBRIA descubriu que esta semana 

@s nen@s de cuarto estaban preparándose 

para poder colaborar pronto de VOLUNTARI@S!! 

Que contenta quedou!! 

Nestes BLOGS podedes ver un pouquiño 

da actividade da BIBLIO!!

BLOG PROFE DE GARDA.


BLOG APRENDENDO ENTRE SORRISOS.

A seguir así!! Sen olvidar nunca que...

"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO."

Apertiñas lectoras!!

Espectáculo...TOUPICIENCIA SHOW!!

 Ola, ola familias e peques!!  

Seguimos cheos de actividades de 

ANIMACIÓN Á LECTURA!! 

Esta semana a TOUPIÑA saiu do conto e...

veu a visitarnos moi ben acompañada!! 

Pero ademais de rirnos con ela, 

aprendemos un montón!! Porque buscaba...

Resumidamente...

A Toupiña e o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.

BASEADO EN (pinchade no enlace).

MINISERIE TOUPICIENCIA.

Estivemos superatent@s ás intruccións 

dos experimentos!!!



O problema foi...que Protonio 
ao principio andaba un pouco despistado!!


Menos mal que grazas á nosa ATENCIÓN, 
CONCENTRACIÓN E AXUDA 
todo comezou a saír ben!!



Despois de moitos experimentos que 

parecían máxicos...

a TOUPIÑA tivo que despedirse!! 

Pero atopou ás CIENTÍFICAS e 

CIENTÍFICOS DO FUTURO!! Somos nós!! 

E Protonio deunos un MOI BO consello!!


Grazas TOUPIÑA!! Seguirémoste lendo 

EN GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS 

nos libros que temos biblioteca!!

APERTIÑAS LECTORAS!!

viernes, 6 de mayo de 2022

FAMILIAS e MESTR@S inauguran a BIBLIO!!

  Ola, ola familias e peques!!  

A nova BIBLIOTECA xa comeza a 

funcionar a pleno rendemento!! 

Para iso faltaba INAUGURALA 

con tod@s @s mestr@s!! 

O equipo de biblio-pescadoras ao 

completo e Libria recibíron@s e...

...o director fixo os honores!!

As caras dino todo!! 


E tamén tiveron o seu 

momento as familias!! 

 

REMATARON AS INAUGURACIÓNS!! 

Agora a disfrutala, coidala e conservala!! 

Grazas ás estupendas familias que 

nos acompañaron!!;) 

Prontiño..as fotiños e vídeos das 

INAUGURACIÓNS que faltan!! ;) 

Apertiñas lectoras!!