viernes, 26 de abril de 2024

Semana do LIBRO!!

Ola peques e familias!! 

Libria non para de sorprendernos e nunha semana tan especial non ía ser menos!! A súa semana!! Por iso argallou unha serie de ACTIVIDADES CHULÍSIMAS!! 

Nos recreos @s VOLUNTARI@S DE SEXTO que sempre lle axudan prepararon uns CONTACONTOS PRECIOSOS!! 

Fixérono xenial e foi marabilloso ver a biblio a tope de peques mentras continuaba o servizo de préstamo e un recunchiño para a lectura libre!!




 Grazas AXUDANTES por agasallarnos co voso "BO CONTAR"!! 

E o venres sorprendeunos deixándonos levar libros para LER NO PATIO durante o tempo do recreo!! Foi algo diferente e estupendo!! Aínda que... esta semana aproveitando que nos acompañou o bo tempo, moit@s saímos a ler fóra!! Foi xenial ver o patio cheíño de PEQUES E LIBROS!! 

Nas HORAS DE LECTURA non faltaron as XUNTANZAS ENTRE PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS!! ARTE E CONVIVENCIA DA MAN seguindo o proxecto deste curso: "BENESTART"!!

 Ademais, o alumnado de 1º EP visitou a BIBLIOTECA MUNICIPAL para "coctelear coa lectura!!

Pero aínda queda un DOBRE SORPRESÓN que comezaremos a contarvos a próxima semana... estade moi atent@s!! Só podemos adiantarvos que @s voluntari@s de 5º e 6º están traballando arreo para ter todo listo moi pronto!!

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER,

É UN DÍA PERDIDO"!! 

Apertiñas lectoras!!