Mostrando entradas con la etiqueta Carteiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carteiras. Mostrar todas las entradas

19 septiembre 2025

Arrancamos o curso 25-26!!

 Ola peques e familias!! 
Libria está preparando todo para poder realizar a APERTURA DA BIBLIOTECA moi prontiño!! 
Para iso, xa ten ao seu equipo de VOLUNTARIAS/OS DE SEXTO en formación!! Non podemos contarvos moito porque hai sorpresas pero si ensinarvos algunha fotiño dunha formación "a escuras" con Libria e as mestras do equipo de biblio... Aquí quedan!!
E o que si podemos contarvos é que hoxe os CARTEIROS/AS DA BIBLIOTECA pasaron por todas as clases para entregar unhas CARTIÑAS moi especiais!! 
Aquí vos deixamos toda a información, xa estamos todos/as moi emocionados/as!! 
Como vedes, A BIBLIO ESTARÁ PREPARADA PARA ABRIR AS SÚAS PORTAS O LUNS 29 DE SETEMBRO!! Pero aínda quedan cousiñas por ultimar e as XORNADAS DE BENVIDA para as/os peques que comezaron novas/os no cole!! 
E antes de despedirme 
recordarvos que... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!

20 marzo 2023

QUE COMECEN OS RETOS!!

 OLA PEQUES E FAMILIAS!!


Libria escribiu unha carta secreta para todo o alumnado do centro e @s carteir@s da biblio foron @s encargad@s de repartilas...












Na carta había esta sorpresa...


E para que non quede ninguén sen practicar o noso reto, aquí vos deixamos a letra e a música...A CANTAR!!


https://drive.google.com/file/d/1QRAuGK9QctBqlvVxeLJphjG4gM9qg0Va/view?usp=share_link

E por se precisades axuda, aquí tendes un exemplo de como se canta 😉



E recordade que: "Un día sen ler (ou escribir), é un día perdido"

Apertiñas lectoras!!

27 febrero 2023

LIBRIA PRESENTA...OS BUSCAPISTAS!!

 OLA PEQUES E FAMILIAS!!


O alumnado de 3º tivo unha grata sorpresa cos autores do libro que está lendo este curso titulado “LOS BUSCAPISTAS”!!



Ademais do encontro virtual cos propios autores do libro recibiron, por parte da editorial, uns marcapáxinas con forma de lupa para que poidan seguir esas pistas que tódolos días aparecen polo colexio de modo misterioso...





As carteiras da biblioteca foron as encargadas de facer a entrega dos marcapáxinas durante a semana de Entroido...









Esperamos que o noso alumnado de 3º sexa capaz de atopar tódalas pista que necesitan!!




 E RECORDADE QUE: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"


APERTAS LECTORAS!!

14 diciembre 2022

E xa comenzaron a rodar... as MOCHILAS VIAXEIRAS!!

OLA PEQUES E FAMILIAS!!


NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS LIBRIA E OS SEUS AXUDANTES REPARTIRON EN TÓDALAS AULAS UNHAS MOCHILAS QUE VIAXARÁN ÁS CASAS DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE PARA ENCHELAS DE MAXIA, SOÑOS E AVENTURAS!!!


 DESEXAMOS QUE DESFRUTEN DA LECTURA TANTO COMO DEMOSTRARON AS SÚAS CARAS CHEAS DE LEDICIA!!!





















E RECORDADE QUE...

"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"

APERTIÑAS LECTORAS!!!