miércoles, 15 de octubre de 2014

PRIMEIRAS VISITAS NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de primeiro están  estes días descubrindo a biblioteca do cole e as súas posibilidades: Cómo levar un libro prestado para a casa, onde están os DVD´s, os cómics, os libros de inglés, cómo utilizar os ordenadores e os xogos e, claro está, á nosa mascota Libria, que lle lembrou as normas da biblioteca.

E parece que lles gustou moito!

martes, 14 de octubre de 2014

QUE BOTAMOS NO CONTEDOR AMARELO

A empresa que recolle o contedor amarelo nas rúas da Arousa ven de desenvolver unha sesión didáctica co alumnado de 4º de Educación Primaria para explicarlle cómo é o proceso de reciclaxe e a importancia de facelo correctamente.
 Esta é a primeira actividade do noso proxecto de biblioteca para este curso, que este ano adicaremos ó DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE e organizouse coa colaboración da Concellería de Educación e Medio Ambiente da Illa.
LEMBRADE: no contedor amarelo botamos só os envases de plástico, as latas e os briks. E temos que estar atentos porque non todas as cousas de plástico van ó contedor. Non debemos botar xoguetes, electrodomésticos, discos, cueiros, nin utensilios de cociña ou louza. Tampouco se poden botar os envases de líquidos corrosivos como aceite de coches, nin os envases de medicamentos,  que deben depositarse nos Puntos Sigre que hai nas farmacias.