lunes, 26 de octubre de 2020

CHEGARON AS ESPERADAS VISITAS DE LIBRIA!!!


Co gallo do 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 

poñemos en marcha a nosa biblio 

coa visita da nosa querida LIBRIA

ás aulas do cole!! 



Os alumnos e alumnas novos 

estiveron encantados de coñecela 

e de que lles entregase 

os CARNÉS DA BIBLIOTECA, 

coa axuda da profe Vanesa.




Saudárona con moita ilusión, 

iso si, cumprindo moi ben as medidas de seguridade.

Libria tamén, claro!!






















Como este ano aínda non podemos

ir á biblioteca todos xuntos,

Libria levoulles un agasallo para as súas aulas:

 dúas caixas repletiñas de contos!!



E coa axuda da profe Susa, 

todos e todas coñeceron ou recordaron 

as normas para usar eses libros, 

e  tamén as da  biblioteca do cole.






Moitas grazas, Libria!! 

Estamos desexando escoitar de novo

o teu alegre tintineo. 

Porque xa sabes que ...

... aínda che faltan algunhas clases por visitar!!



Ata pronto!!!