Ola peques e familias!!
Por fin chegou a data!! Este venres, se o tempo o permite, todo o alumnado e profesorado do cole acudiremos ao auditorio a disfrutar dun ESPECTÁCULO sobre as LETRAS GALEGAS e, especialmente, sobre a homenaxeada este ano: Begoña Caamaño.

Previamente, como xa vos contamos, Libria agasallounos a todos/as cun libro para cada un/unha que recolle un conto con aventuras baseadas na vida e obra da escritora e no cal se inspira o espectáculo. Xa o temos lido e estamos preparados/as para a aventura literaria que nos espera o venres!!
Aquí o CARTAZ:

Na seguinte ligazón podedes consultar información sobre ela:
SEMINARIO GALÁN
Aquí concretamente a súa obra:
OBRA BEGOÑA CAAMAÑO
Para rematar, toca pedirvos colaboración xa que Libria e o seu equipo tivemos noticias de que Begoña estivo vinculada á Illa de Arousa. Poderiades axudarnos a descubrir máis sobre esta información? Contádenos en comentarios todo o que saibades!! Moitas grazas de antemán!!

E recordade que:
"Un día sen ler,
é un día perdido"
Apertiñas lectoras!!