martes, 9 de noviembre de 2021

Alba Alonso para as familias!!

  BOA TARDE FAMILIAS!! 

Seguimos co PROXECTO DE IGUALDADE 

que nos chega dende a ANPA da man 

de ALBA ALONSO FEIJOO 

cunha CHARLA PARA VÓS!!

A mesma ALBA ALONSO quixo 
convidarvos persoalmente!! 
Escoitade, escoitade!!


De seguro que merece a pena!! 
Igual que os seus libros que 
LIBRIA vos recomenda!!
 Vémonos alí!! 
Apertiñas lectoras!!

domingo, 7 de noviembre de 2021

PROXECTO DE IGUALDADE con Alba Alonso!!

OLA PEQUES E FAMILIAS!!
Dende a ANPA OS GOLFIÑOS 

estase promovendo éste fantástico 

proxecto que inflúe moi positivamente 

en toda a comunidade educativa.
Durante unhas semaniñas temos 

a sorte de contar con  Alba Alonso Feijoo.

(Doutora en Filoloxía inglesa e Máster en “Estudios Ingleses Avanzados”. Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogs educativos, revistas dixitais…) e escribe no blog Realkiddys.

Algúns dos seus libros: 

“Carla no es Carla, sino Carlos” 

y “Martin is the best”.


 
Alba estivo coa nosa "Libriña" 

(como ela agarimosamente lle chamou)

ensinándolle uns contos e firmando 

uns exemplares para a biblioteca do centro. 

LIBRIA RECOMÉNDAOS!!


Fixádevos que cara de contentas 

teñen as dúas!!!!😃
(Qué sorte tivemos🍀🍀🍀!!!)
 
A continuación podedes ver un 

pequeniño vídeo da firma de exemplares!!!!
 
 ..........................................
 
O vindeiro día 11 de Novembro ás 

19:00 horas no Salón de Plenos 

do Concello da Illa de Arousa 
Alba Alonso Feijoo dará unha charla 

sobre diversidade de xénero... 

Apuntádeo na axenda!!! 

A continuación podedes ver o Cartaz:


LIBRIA anímavos a seguir 

aprendendo xuntas e xuntos!!  

Grazas ANPA!!

ATA PRONTO!!

lunes, 1 de noviembre de 2021

LIBRIA recomenda contos polo SAMAÍN!!

Ola lectores e lectoras!! 

CHEGOU O SAMAÍN!!

E con el...
un montón de recomendacións 
lectoras de LIBRIA!! 
Mirade todo o que montou 
polo cole!!

Expositores terroríficosssss!! 
Pero tamén entrou nas AULAS!! 
Con recunchiños de medo!!

E mooooitos CONTACONTOS 
con libros xenialmente medorentos!! 
Pero que fan moita gracia tamén!!


Ata a escuras con LANTERNA!! 
E efectos especiais!!


LIBRIA ata tivo un agasallo!! 
A LIBRIA-CABAZA!!
Que ilusión lle fixo!! 
Grazas MARIÑA de primeiro!!

Que ben o pasamos!! 
Mirade un resumo do día!!

Apertas lectoras!!