21 abril 2026

Semana do Libro!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana é moi especial para a BIBLIOTECA por iso Libria decidiu visitar as aulas do cole xunto cos/as seus/súas carteiros/as  para facer chegar ao alumnado e aos mestres/as unha chea de SORPRESAS!!

 A primeira delas chegaba en forma de CARTA!! Primeiro visitou aos peques de Educación Infantil que a recibiron moi ilusionados/as!!

 E en primaria tamén lles fixo moita ilusión recibila e a escoitaron así de atentos/as!!

 Nalgunha aula non puideron esperar a ler a carta e o fixeron no momento!! 

Aquí vola deixamos!!

 Imos a un ESPECTÁCULO TODO O COLE?? Trainos o AGASALLO DUN LIBRO PARA CADA UN/UNHA DE NÓS?? 

Non o podiamos crer por iso a enchemos de APERTAS!! 

Aproveitaron a visita para anunciar moitas máis actividades que haberá durante esta semana. Pronto volas contaremos!! 

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO".

Apertiñas lectoras!!