28 septiembre 2026

Libria reparte unhas CARTAS moi especiais!!

 

Ola peques e familias!! 
Libria está preparando todo para poder realizar a APERTURA DA BIBLIOTECA moi prontiño!! 
Para iso, xa ten ao seu equipo de VOLUNTARIAS/OS DE SEXTO en formación!! Non podemos contarvos moito porque hai sorpresas pero si ensinarvos algunha fotiño dalgúns momentos de formación con Libria e as mestras do equipo de biblio... Aquí quedan!!
E o que si podemos contarvos é que o venres Libria e os CARTEIROS/AS DA BIBLIOTECA pasaron por todas as clases para entregar unhas CARTIÑAS moi especiais!! 
Libria sempre remata cheíña de agarimo!!
Aquí vos deixamos toda a información, xa estamos todos/as moi emocionados/as!! 
Como vedes, A BIBLIO ESTARÁ PREPARADA PARA ABRIR AS SÚAS PORTAS ESTE XOVES 1 DE OUTUBRO!! Pero aínda quedan cousiñas por ultimar!!
E antes de despedirme 
recordarvos que... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario