Ola peques e familias!!
Uns días máis tarde tocoulle a quenda ao alumnado de 1º de primaria!! LIBRIA e as súas axudantes abriron as portas da BIBLIOTECA do cole para recibilos!!
Foi unha xornada preciosa na que descubriron tooooooodos os recunchos da biblio, puideron encher a Libria de agarimo e descubrir todos os libros que poderán levar para a casa nos recreos e nas horas de biblioteca!!
Incluso descubrimos que a biblio ten dúas plantas e a de abaixo está chea de XOGOS, material de ARTE e moitas cousiñas máis!!
Ademais Libria tiña preparados para eles/as dous agasallos: un debuxo da súa foto para colorear e unha pegatina!! Levaron tamén unha cartiña onde Libria lles conta en primicia que día abrirá a biblio para todo o cole!!
Encantoulles a visita e xa están desexando volver!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario