viernes, 18 de marzo de 2022

Semana da prensa!!

 BO DÍA PEQUES e FAMILIAS!! 

Nestas semaniñas intensas non 

podiamos esquecer unha data importante 

como é...a SEMANA DA PRENSA!! 

En primeiro lugar, fixemos chegar a cada ciclo, 

dende EDUCACIÓN INFANTIL ATA 

6º DE PRIMARIA os xornais que nos solicitaron!!

Pero a emoción aumentou cando...
escoitamos os cascabeis de LIBRIA!!


Ás veces din máis as imaxes!! Aí van!!


E sabedes unha cousa?? 
Desta vez non viña soa!! 
Acompañábana os carteiros de SEXTO!! 

Así que OS PEQUES DO COLE 
recibiron a súa primeira visita!!
E seguiron polos edificios 
de EDUCACIÓN PRIMARIA!!


Pero sabedes o motivo da visita? 
Repartir varias mochiliñas cheas de 
XORNAIS E REVISTAS da biblioteca!! 



A verdade que foron 
un gran descubrimento!! 
Estannos encantando!!
GRAZAS LIBRIA e CARTEIR@S por 
encher as nosas aulas de LECTURAS!!

Nunca deixes de facer soar os teus 
cascabeis e facernos SORRIR E LER!!
Tampouco deixes de achegarnos 
a través dos EXPOSITORES de todo o cole 
as NOVIDADES que van chegando á biblioteca!!

Porque como ti ben dis sempre... 
"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!