Ola peques e familias!!
Libria visitounos a semana do libro cunha SORPRESA moi especial!! Agasallounos cun libro a todo o alumnado e profesorado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño. Dende aí en todas as aulas se preparou con ilusión esa lectura para a chegada do gran día do ESPECTÁCULO ao que acudiriamos todo o cole!!
E o momento chegou e con SORPRESA ENGADIDA!! A primeira hora da mañá apareceu no cole a ILUSTRADORA do libro, Alba Stinson, que nos visitaba para asinar todos os libriños!!
Foi un momentiño marabilloso!! E todas as clases puidemos facer unha fotiño de grupo con ela!! Aquí algunhas!!
Rematada esta actividade puxemos rumbo ao auditorio seguindo unha fila interminable de personiñas ilusionadas!!
O espectáculo non defraudou!! VERO RILO E LUIS IGLESIAS presentáronnos un CONTACONTOS MUSICADO que nos enganchou dende o primeiro minuto e nos fixo revivir as aventuras do libro e coñecer máis sobre a conmemoración do Día das Letras Galegas e a figura homenaxeada deste ano.
Como curiosidade contáronnos que este día lévase celebrando 64 anos e só 7 deles as homenaxeadas foron mulleres (ou 8 se contamos ás cantareiras e pandereteiras o ano pasado). Dende logo un dato para reflexionar!! Menos mal que a tendencia está mudando cara unha conmemoración máis xusta e igualitaria.
Unha vez máis, Libria conseguiu unha MOTIVACIÓN DE CARA Á LECTURA estupenda!!
Rematamos cun agradecemento especial á colaboración do Concello da Illa de Arousa que o fixo posible, ademais da editorial Galaxia, en especial, á ilustradora Alba!!
Recordámosvos que na entrada anterior vos pedimos colaboración para unha investigación, podedes axudarnos?? Mil grazas de antemán!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO"
e que...
"Cada libro
ten unha chave invisible
que pode cambiar o mundo"
Apertiñas lectoras!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario