Sorpresiña de Libria!!
Ola peques e familias!!
A biblio continúa con moita actividade todas as mañás!! Especialmente no recreo prodúcese unha reunión preciosa de peques con diferentes motivacións!! E todas marabillosas!!
Encántamos ver esas cariñas cheas de sorrisos!! Pero ademais... Libria, o seu equipo de voluntarios/as de sexto e mestras coa colaboración do concello levan unha temporada preparando unha SORPRESIÑA para todo o cole!!
Xa está todo preparado... nuns días descubrirémola!! Que será, será?? Admítense apostas nos comentarios!!

Así comeza a CARTA que pronto recibirán todas as aulas!!
Que misterio...
E antes de despedirnos
recordarvos que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Ola son Hugo gustoume moito a sorpresiña de Libria estou moi emocionado. Un saúdo 😀😃😄😄😄😄
ResponderEliminar