jueves, 30 de mayo de 2024

Apadriñamento lector co IES A Basella!!

 Ola peques e familias!! 

A actividade dos "APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES" entre o alumnado de diferentes aulas no noso centro sempre é un éxito pero Libria non deixa de argallar cousas novas e a semana pasada viñeron uns CONTACONTOS diferentes para @s peques do cole!! 

@s nen@s de primeiro de bacharelato do IES A BASELLA visitáronnos para realizar xunt@s lecturas xeniais!! Todos os recunchos do patio se encheron de LIBROS!!


Foi unha actividade preciosa!! Pero aínda había máis!! Prepararon unha MANUALIDADE para facer con nós, vaia marcapáxinas de corazón máis chulos nos quedaron!! 

ARTE E CONVIVENCIA DA MAN EN AMBAS ACTIVIDADES!! Para rematar, xuntámonos para coñecernos mellor, darnos uns detalliños e despedirnos contando de volver a repetir o curso que vén!! 


MILES DE GRAZAS á profe Lidia e ao alumnado de bacharelato, algúns antig@s alumn@s do cole!! Que ilusión engadida!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

1 comentario:

  1. Hola son Enma, encantoume o conto que nos contou o noso amigo Jose.
    Biquiños.

    ResponderEliminar