sábado, 25 de mayo de 2024

Chegou o día do MUSICAL!!

Ola peques e familias!! 

Despois de moitos preparativos e sorpresas previas... chegou o GRAN DÍA!! O MUSICAL que Libria e o seu equipo organizou para todo o cole con moitísima ilusión!! Así que TODO O COLE nos puxemos rumbo ao auditorio para gozar deste grann espectáculo!! 

Vivimos unha experiencia de "BENESTART", poñendo un dos broches de ouro ao noso PROXECTO DESTE CURSO!! 

Moita convivencia, moita arte e a nosa lingua e Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas,  como protagonistas!! 

Aquí algunha mostra da xornada tan estupenda que pasamos cantando e bailando en galego!! 

Pero o día continuou cunha derradeira SORPRESA!! A autora, e tamén cantante do musical, veu ao noso cole para ASINARNOS a TOD@S o libro!! 

TAmén quixo coñecer á nosa mascota Libria!!

Entregámoslle un detalliño en mostra de agradecemento e o CARTEL que fixeron as nosas compis de 6º María e Catuxa!!

Estupenda Verónica Santalices!! Moitas grazas por todo!! 

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario