miércoles, 22 de mayo de 2024

Chegou o mes especial das NOSAS LETRAS!!

Ola peques e familias!! 

Coa chegada de MAIO as LETRAS GALEGAS cobran aínda máis importancia se cabe no noso cole!! Ademais, como xa vos adiantabamos nunha entrada anterior, LIBRIA e os seus axudantes de quinto e sexto levan meses traballando arreo para preparar unha GRAN SORPRESA!! 

Pois sabedes que? 

Fai unhas semaniñas comezouse 

a desvelar o misterio!! 

LIBRIA E @S SEUS CARTEIR@S VISITARON TODAS AS AULAS DO COLE repartindo unhas mochiliñas cheas de libros coma este!! 

Había un para cada peque do cole e viñan acompañados dunha CARTA!! 

Parece que a SORPRESA só acaba de comezar... Toca ler con moita atención o libriño e esperar!! Que nervios e ilusión por partes iguais!! Apertiñas emocionadas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario