24 octubre 2025

Día das Bibliotecas Escolares!!

Ola peques e familias!! 
O día 24 de outubro conmemórase este gran día para as bibliotecas!! Este ano cun lema ben importante:
Como todos os cursos, Libria aproveita esta celebración para poñer en marcha unha das actividades estrela... "OS APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES"!! 

As/os carteiras/os da biblio visitáronnos para entregarnos unha carta na que nos presentan esta actividade tan chula!!


Sempre nos encanta baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!! Ensinámosvos a primeira xuntanza de presentación!! 


Pero pronto haberá máis momentos compartidos que deixarán máis preciosas imaxes!!


E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario