15 octubre 2025

Un novo contacontos pola igualdade!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana tivemos a gran sorte de recibir no colexio un CONTACONTOS da man do gran CAXOTO!! 

O título era: "Contos vellos, novos finais", no que se mesturaban os contos tradicionais cuns cambios en prol da igualdade nos mesmos xunto con MOOOOOOITO HUMOR e cancións!!

 Antes de marchar, deixounos unha adicatoria no CADERNO DE VISITAS da bilioteca!! 

Foi unha xornada marabillosa!! Pero isto non remata aquí, xa que mañá o alumnado de 1º e 2º gozará dun novo CONTACONTOS NA BIBLIOTECA coa grandísima PAULA CARBALLEIRA!! 

Xa temos todo preparado e estamos moi emocionados/as coa súa visita!! 

E ese contacontos xa vai cheirando a Samaín...toca irse preparando!! Grazas á ANPA e ao Concello da Illa de Arousa pola súa grande colaboración para poder contar con actividades tan chulas e interesantes!! E antes de despedirnos recordarvos que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario