viernes, 25 de abril de 2025

Semana do Libro!!

Ola peques e familias!!

Por fin chegou o DÍA DO LIBRO!! O 23 de ABRIL!!

Aínda que no cole xa o levamos celebrando dende principio de mes!! Xa lemos o libro que nos agasallou Libria e fomos ao espectáculo de títeres todo o cole!! Pero ademais Libria e o seu equipo levan tempo preparando máis actividades!! 

Durante esta semana tivemos CONTACONTOS na biblio nos recreos que prepararon os/as voluntarios/as de Libria!! 

Escolleron contos con personaxes TRADICIONAIS pero... moi orixinais!! Fixérono xenial!! 



Tamén invitaron aos peques de Educación Infantil na hora de lectura para a mesma actividade!! Estiveron superatentos/as/ por iso Libria deulles uns agasalliños!!


O venres a actividade do recreo foi BIBLIO PATIO!! Ler no exterior con este bo tempo... como presta!! Grazas Libria pola oportunidade!!

E ademais... NOVA SORPRESA dende a biblioteca!! As/os carteiras/os da biblio visitáronnos para presentarnos unha actividade moi chula relacionada co proxecto deste curso!!


No DÍA DO LIBRO hai unha TRADICIÓN extendida, sobre todo, noutras zonas de España que propón agasallar cun LIBRO E UNHA ROSA.

 Pois Libria colleu a idea e preparou unha actividade para todo o cole adaptada á nosa terriña. 

Repartiu lotes de marcapáxinas para todo o alumnado cunha estrofa dunha canción sobre a CHORIMA (a flor do toxo) e propuxo ilustralo de maneira creativa!!

Mirade algunhas das creacións que lle chegaron a Libria!!

Aquí unhas cancións preciosas sobre esta plantiña que soaron no timbre esta semana!!

CANCIÓN CHORIMA - GRUPO SARAIBAS

ALECRÍN DOURADO

Esta semana tamén houbo moitos momentos de LECTURA NO PATIO aproveitando o bo tempo e tiveron lugar xuntanzas dos APADRIÑAMENTOS LECTORES entre aulas!! Preciosa imaxe!! 


Foi unha semana estupenda!! 

Pero recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO" 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario