jueves, 17 de abril de 2025

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!

Ola peques e familias!! 
Libria este curso comezou a celebración do MES DO LIBRO a última semana do trimestre!! Despois de ler todo o cole o libro que nos agasallou "A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A INTELIXENCIA ARTIFICIAL FANTÁSTICA" estabamos preparados para asistir ao GRAN ESPECTÁCULO!! 
Pero xa anunciara que tiña unha SORPRESA antes de marchar e así foi!! Visitounos o autor do conto CARLOS LABRAÑA!!
 Quedamos alucinados/as!! El asinou os libros e fixo fotos con todo o cole!! Foi unha visita estupenda!! Aquí quedan algunha fotiños de grupo que lle chegaron a Libria!! 
Despois disto chegaba o GRAN MOMENTO de poñer camiño para o AUDITORIO DA ILLA DE AROUSA todo o alumnado e profesorado do cole!! 
Alí nos esperaba o GRUPO DE TEATRO TANXARINA co seu gran espectáculo!! 
Que ben o pasamos!! Encantounos!! Cantamos, bailamos e descubrimos diferentes maneiras de facer teatro!! 
Tamén nos levamos unha ensinanza final!! A intelixencia artificial é positiva sempre que se lle dé bo uso pero: 
"SE ES LISTO,
E QUERES SER XENIAL.
PROBA A LER UN LIBRO:
E NUN CHIS-CHÁS
CÁMBIACHE O CONTO!!
A INTELIXENCIA NATURAL
O CEREBELO MÁIS XENIAL!!
CO-CO-RO-CÓ!!!
CO-CO-RO-CÓ!!!"
Ou como diría Libria: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Dende aquí o noso agradecemento ao Concello da Illa de Arousa por facelo posible, á editorial Galaxia, ao autor Carlos Labraña e a Tanxarina pola súa boa disposición e a Libria e todo o profesorado pola súa implicación!!
Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario