09 diciembre 2013
POR QUÉ LER?
06 diciembre 2013
Axudantes
Esta primeira semana de Decembro, as axudantes da biblioteca foron Irina Dios e Nerea Dacosta de 3ºA e Melina Suárez e Laura Pena de 6ºB. Queredes coñecelas?
01 diciembre 2013
Axundantes
Aquí vos deixamos as fotos dos axudantes de esta semana. Esta vez foron Daniel Torres e Iago Bello de 4ºB e Ramón Prieto e Uriel Vázquez de 3ºC.
Veña animádevos!!!
23 noviembre 2013
Novidades
Aquí vos deixamos a foto do noso andel de novidades. Como vedes hai moitos libros novos esperando a ser abertos. Estade atentos porque iremos "colgando" todas as novas adquisicións. Esperamos que vos gusten...
Axudantes da biblioteca
Presentámosvos aos axudantes desta semana. Son Sergio Bello e Ricardo González de 5º A e tamén Candela Panadero e Javier Iglesias de 3º B. Gracias aos catro!!!
15 noviembre 2013
As partes dun lector
Hoxe gustaríanos compartir convosco unha imaxe que reflexa moi ben cal é o noso obxectivo na biblioteca do cole. Lograr espertar lectores e lectoras que queiran viaxar no mundo dos libros. Queredes???....
14 noviembre 2013
Salón do libro Infantil e Xuvenil
Pouco a pouco imos descubrindo novos datos da 15 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Xa coñecíamos o tema central, máis suculento que nunca: “Cociñando Contos” e a súa vinculación ao proxecto europeo “Europa a la carta”
Os seguintes segredos que revelan dende a organización son as datas, do 14 de marzo ao 5 de abril de 2014 e o nome da ilustradora do cartel: Natalia Rey González, alias Pirusca.
Estade moi atentos porque pronto vos contaremos máis información do salón e das actividades que na biblioteca estamos "cociñando"...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


