Ola peques e familias!!
A semana do libro continuou cunha actividade xa tradicional que a todo o alumnado lle encanta!!
Aos voluntarios/as de sexto porque se convirten en CONTACONTOS por unha semana e aos compis porque lles encanta escoitalos/as e que a biblio ofreza actividades diferentes!!
En cada recreo da semana todo o alumnado de primaria podía disfrutar de diferentes e estupendos contacontos!!
Todos estiveron relacionados dalgunha maneira co PROXECTO deste curso: "CARCAMÁNS POLO MUNDO"!!
É moi interesante como eses contiños viaxan máis que nunca ás casas nos seguintes días!! Tamén houbo contacontos nas horas de lectura para o alumnado de Educación Infantil que acudiu á biblioteca moi emocionado!! Encantoulles a experiencia!!
Grazas aos voluntarios/as sempre dispostos/as a colaborar!! Sodes estupendos/as!!
A semana rematou cunha actividade no exterior aproveitando o bo tempo: BIBLIOPATIO!! O alumnado puido ler no patio libros relacionados co PDI durante o recreo do venres!!
Houbo tamén encontros dos padriños/madriñas lectores/as, lecturas no patio, lecturas compartidas entre aulas... e moitas actividades máis!!
Ademais, visitounos un autor!! En próximas entradas contarémosvos que escritores/as nos adicaron tempo este curso!! E moitas cousiñas máis!! Seguide atentos/as!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario