sábado, 5 de octubre de 2024

Canta vida nos recreos!!

 Ola peques e familias!! 

Despois duns días de choiva por fin puidemos acudir á BIBLIO nos recreos!! Que ganiñas tiñamos!! As primeiras voluntarias estaban preparadísimas para recibir aos primeiros lector@s!! 

E foron moitos @s que acudiron a LER un ratiño ou levar libros en préstamo para a casa!! Canto gozamos desta primeira semana!! 

Tamén foi precioso ver como @s peques de primeiro se estrean autonomamente nas visitas á BIBLIO e @s maiores do cole @s axudan e acompañan!! 

Libria e o seu equipo quedaron sen palabras!! Que bonito é tervos de novo entre libros peques!! Aproveitamos para recordarvos que debemos coidar moi ben os libros que viaxen ás casas e DEVOLVELOS ou RENOVALOS nun prazo de 7 días!!

E para despedirnos 

recordade que... 

"UN DÍA SEN LER,

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario