26 octubre 2024
Día das Bibliotecas Escolares!!
E, para rematar, no recreo @s nen@s dos demais cursos de primaria foron descubrindo as novidades pouco a pouco!! A resposta foi mellor incluso do esperado!!
20 octubre 2024
Libria ten unha gran SORPRESA!!
Ola peques e familias!!
Libria e o seu equipo levan moito tempo coa preparación dunha GRAN SORPRESA que por fin chegará esta semana, concretamente o xoves, xa que é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!
Ao mellor xa tedes unha idea... Só esperamos que vos guste moito!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
16 octubre 2024
Xornadas de benvida para Educación Infantil!!
Ola peques e familias!!
Por fin o tempo nos permitiu recibir como se merecen aos máis peques do cole!! Sobre todo, aos recén chegados!! LIBRIA estaba desexando presentarse e parece que el@s tamén coñecela!!
Foi unha xornada marabillosa!! E marcharon cargadiños de agasallos e con moitas ganas de volver!!
Para despedirnos
recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
05 octubre 2024
Canta vida nos recreos!!
Ola peques e familias!!
Despois duns días de choiva por fin puidemos acudir á BIBLIO nos recreos!! Que ganiñas tiñamos!! As primeiras voluntarias estaban preparadísimas para recibir aos primeiros lector@s!!
E foron moitos @s que acudiron a LER un ratiño ou levar libros en préstamo para a casa!! Canto gozamos desta primeira semana!!
Tamén foi precioso ver como @s peques de primeiro se estrean autonomamente nas visitas á BIBLIO e @s maiores do cole @s axudan e acompañan!!
Libria e o seu equipo quedaron sen palabras!! Que bonito é tervos de novo entre libros peques!! Aproveitamos para recordarvos que debemos coidar moi ben os libros que viaxen ás casas e DEVOLVELOS ou RENOVALOS nun prazo de 7 días!!
E para despedirnos
recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
01 octubre 2024
Xornadas de benvida!!
Ola peques e familias!!
Para LIBRIA un dos momentos máis importantes de principio de curso son as XORNADAS DE BENVIDA para @s peques que chegan nov@s ao cole, tanto en Educación Infantil como en 1º de primaria!! Aos últimos xa @s recibiu a pasada semana na biblio!!
Foi mooooi emocionante para tod@s!!
Recibiunos con apertas e sorrisos, ensinoulles detidamente a biblioteca e fíxolles entrega dos CARNÉS e dun AGASALLIÑO LECTOR para tod@s!! Un precioso marcapáxinas!!
Esperamos que a visiten moito e que recorden que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
28 septiembre 2024
ARRANCAMOS O CURSO 24-25!!
Ola peques e familias!!
Un curso máis a BIBLIO DO NOSO COLE ten todo preparado para abrir as súas portas en OUTUBRO!!
Libria está moi emocionada!! O martes 1 de OUTUBRO xa está aí!!
Non queda nadiña...
Pero antes tocou poñer todo a punto, ensinarlle a biblio ao novo alumnado e entregarlle os CARNÉS!! Na próxima entrada volo contamos!!
E antes de despedirnos
recordade que
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















































