domingo, 9 de junio de 2024

Apadriñamento dunha DORNA!!

Ola peques e familias!! 

Este curso grazas ao proxecto "BENESTART" tivo un plus de ARTE e de CONVIVENCIA!! Unha das actividades estrela, foi o "APADRIÑAMENTO DUNHA DORNA"!!

 

Recibímola con moita ilusión!!


 O obxectivo era restaurala, pintala e que volvese a navegar!! Primeiro tocou que cada nen@ plasmase nun papel a súa idea!!

 Despois elexíronse varias e, coa gran axuda do profe Toño, puxémonos mans á obra!! 

Foi unha experiencia preciosa que implicou a todo o cole e que LIBRIA non quixo perderse, así que pincel en man ela tamén axudou!! 

Quedou espectacular!! Está exposta xunto cos debuxiños de tod@s @s peques no AUDITORIO DO CONCELLO!! Animádevos a visitala!!

 Ademais, todos os deseños formaron parte deste precioso collage!! 

Grazas ao EDLG do cole e á 

ç

por todo!! 

Desexámoslle á nosa dorniña moitas viaxes estupendas!! 

Apertiñas lectoras!!

3 comentarios:

  1. Quedou moi bonita, é Libria encantada de colaborar. Só nos queda ir vela navegar nas regatas que fan pola Illa de Arousa, o noso paraíso 😍😍 Hugo

    ResponderEliminar
  2. Ola son Carmen, encantoume pintar a dorna Uxía, espero poder vela navegar na regata do vindeiro 22 de xuño na volta a Arousa. Apertas🌍🚣‍♀️🚣‍♂️🎨

    ResponderEliminar
  3. Hola son Enma, a dorna Uxio quedou Preciosa con ese Golfiño.
    Apertas.

    ResponderEliminar