miércoles, 10 de mayo de 2023

A XANELA DO MAXÍN

 

Ola peques e familias!!

O pasado xoves @axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.


Pero non foi tan doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de 4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉



Comezamos pola caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga regando sempre á mesma flor...💧





Continuamos coa caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!








A seguinte caixa foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre todos e todas demos moitas solucións 😊





E por último tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏





E así foi como, ademais de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga, aire, lume e terra 👏


E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"


APERTAS LECTORAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario