jueves, 20 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

Como sabedes, estes días tivemos a sorte de contar coa visita de Uxía Senlle, que veu cantarnos algunhas cancións do seu último disco, e outras moi coñecidas. Deixou para a biblioteca un libro de agasallo, que pode ser unha boa idea para ler no nadal. María Fumaça ven cun CD e un DVD para non parar de bailar e divertirse.Este libro infantil, publicado por galaxia, conta coa colaboración de Magín Blanco, Uxía Senlle, Tanxarina teatro ou Sergio Tanus. A publicación naceu arredor de Ruí, un cativo con parálise cerebral a quen os seus amigos músicos e a súa familia agasallaban con cancións no seu aniversario.
Outras propostas interesantes poden ser: Rosa caramelo, de Kalandraka, Mila y Luna Bruja ou hada da editorial  Montena.
E tamén Os Megatoxos ou o Séptimo viaje al reino da fantasía de Gerónimo Stilton


viernes, 23 de noviembre de 2012

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Se precisades axuda cando veñades á biblioteca, e os profes andan moi liados co préstamo e devolución de libros, lembrade que podedes preguntarlle ás nosas axudantes. Cada día serán diferentes as nenas e nenos que axuden na biblioteca, pero os atoparedes pola identificación que levan colgada do pescozo. Podedes consultarlle como atopar o libro que andades procurando ou tamén para que vos axuden a deixalo na estantería axeitada. 

martes, 6 de noviembre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA


O 24 de outubro conmemoramos o "Día Internacional da Biblioteca". Este é un día axeitado para lembrar o papel tan importante das bibliotecas na sociedade e, como non, para facerlle unha visita. Iso foi o que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil. Durante a visita tiveron ocasión de coñecer a biblioteca e a Libria, a  nosa mascota. Tamén recolleron as bolsas para levar os libros emprestados ás súas casas e  escoitaron un contiño que lles contou a profe Begoña. Fixádevos o atentos que están todos. Nótase que lles gustou moito.

A biblioteca municipal tamén festexou este día con actividades especiais. Unha das que máis gustou foi a exposición de fotografías das actividades desenvoltas pola biblioteca municipal ó longo destes anos.

viernes, 19 de octubre de 2012

AS MOCHILAS VOLVEN VIAXAR

Xa están de viaxe as "mochilas viaxeiras" do curso 2012-2013. Están desexando viaxar por toda a Illa e chegar ás vosas casas para que poidades compartir en familia todo o seu contido. Como sabedes, o bloc que leva é para que vexades o que outros compañeiros opinan, recomendan e debuxan. Cando o vexades tamén podedes deixar os vosos comentarios das lecturas e dos CD`s e DVD`s que levan dentro. Non esquezades revisar o contido das mochilas antes de levalas e antes de devolvelas.
Boa viaxe!

viernes, 21 de septiembre de 2012

BENVIDOS

A nosa mascota Libria estrea este blog no que haberá novas das actividades da biblioteca e tamén moita informacion de interese para toda a comunidade educativa. Agardamos que vos guste e desexamos que participedes cos vosos comentarios. Ata pronto!