domingo, 12 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS!!

  BO DÍA PEQUES e FAMILIAS!! 

Estamos a piques de rematar o trimestre 

e chegan uns diiñas cargados de emocións e agasallos!! 

Que mellor agasallo que un LIBRO?? 

LIBRIA teno claro!! 

Por iso vos quere facer unhas 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! 

Pinchade na imaxe:

Están organizadas por ciclos pero o ideal 

é que naveguedes por todas e seleccionedes 

segundo o NIVEL LECTOR d@s nen@s 

e os SEUS INTERESES!! 

(Pinchando en cada libro atoparedes a SINOPSE).

Este curso o PROXECTO DE CENTRO versa sobre a PESCA, O MAR...O SEU TÍTULO É: "EnREDando coa pesca", por iso atoparedes libros con esa temática. Tamén foi un trimestre de concienciación sobre a IGUALDADE da man de Alba Alonso Feijoo, por iso están incluídos os seus contos. Nuns días sacará un máis que podedes atopar na páxina https://www.realkiddys.com/ e moita información interesante!!

E RECORDADE QUE: 

"UN DÍA SEN LER 

É UN DIA PERDIDO."



APERTIÑAS LECTORAS!!

LIBRIA!!

sábado, 11 de diciembre de 2021

Mes completiño!!

 BOA TARDE PEQUES e FAMILIAS!! 

O pasado mes de NOVEMBRO tivemos a sorte 

de contar no colexio con dúas SUPERMULLERES!! 

A primeira visita foi a de SABELA NÚÑEZ SINGALA, 

escritora do libro "O AGASALLO DE ANYA", 

que este curso leron os nenos e nenas de sexto. 

Podedes vela pinchando neste enlace:

VISITA DE SABELA.

Tamén tivemos outra visita 

grazas á ANPA!! 

ALBA ALONSO FEIJOO visitou todas as aulas do cole 

e aprendemos unha chea de cousiñas interesantes 

sobre os ESTEREOTIPOS DE XÉNERO 

e moitas cousas máis!!

Vedes esas dúas caixiñas?? 

Unha AZUL cun NENO "dentro" 

e unha ROSA cunha NENA "dentro"!! 

Pois escoitade, escoitade!! 

Que cousas tan INTERESANTES!! 

E máis agora que se achega o NADAL!! 

Nós o que queremos son 

XOGUETES A TODA COR!!

Recoméndovos o seu LIBRO de colorear, 

"JUGUETES A TODO COLOR". 

Quedámonos co seu lema 

que xa parece que comezou a calar!!


POR CERTO!! Catro segredos!! 

Alba fíxose moi amiga de LIBRIA!! 

Claro, como é escritora...

E deixou uns libros para a BIBLIO asinados!! 

XENIAL!! 

Outro... MAÑÁ está convocada 

unha "FOLGA DE...XOGUETES!!" 

Mirade, mirade...

UNÍDESVOS?? 

O terceiro... TEN MÁIS LIBROS!! 

Irán nas RECOMENDACIÓNS LECTORAS 

que xa se están terminando de cociñar... 

E, por último, os de SEXTO fixéronlle unha 

ENTREVISTA en RADIO CARCAMÁN. 

Pinchade neste enlace:

Apertiñas!! ATA PRONTO!!