O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de todos os niveis traballou arredor da autora.
E logo saíron pola Illa de Arousa deixando poemas de Rosalía por moitos lugares diferentes: A Galiña Azul, o concello, tendas, ambulatorio...
A escolma do equipo de biblioteca axudou a desenvolver as tarefas, e podedes vela na biblioteca.
E como este curso estamos coñecendo máis da ilustración, temos no corredor principal a exposición "Ilustrando a Rosalía". Non deixedes de visitala!