Deixamos as recomendacións de lectura para ler e agasallar este nadal. Agardamos que vos guste a escolma do equipo de biblioteca para este ano.
lunes, 24 de diciembre de 2018
lunes, 10 de diciembre de 2018
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
O alumnado de sexto de Primaria preparou contos de medo, que contaron a todo o alumnado durante as"Horas de Ler"
Tivemos visitas inesperadas.
E mesmo Libria animouse a ler un conto.
Pero o máis terrorífico foi..... O túnel do terror!!!!!!
Arrepiante!!!!!!
lunes, 3 de diciembre de 2018
DÍA DA BIBLIOTECA
Este ano festexamos o "Día Internacional da biblioteca" visitando a biblio do cole. Libria agardaba con moitas sorpresas.
Os maiores prepararon sesións de contacontos.Lembramos as normas e eleximos a nosa lectura.
Pasámolo xenial!!!!
martes, 13 de noviembre de 2018
PRÉSTAMO DOS LECTORES ELÉCTRONICOS
O alumnado de sexto está de sorte. Xa están dispoñibles para o préstamo catro lectores electrónicos cargados cunha morea de lecturas interesantes. Para poder facer o préstamo hai que anotarse na lista de agarda na biblioteca, e traer firmada pola familia unha autorización.
viernes, 5 de octubre de 2018
VISITA DE LIBRIA
A semana pasada o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de primaria recibiron unha visita sorpresa.
Libria, a mascota da biblioteca, pasou a saudar e a repartir os carnets da biblioteca para que todo o alumnado poida levar prestado libros, dvd, música...
Estade atentos se escoitades cascabeis polos corredores do colexio, porque pode ser ela.
miércoles, 3 de octubre de 2018
COMEZANDO NA BIBLIOTECA
A biblioteca do cole recupera a actividade cargada de ideas para este curso. Libria, a nosa mascota, mandou varias cartas a todo o alumnado do cole con propostas novedosas e divertidas.
A mascota deixou uns carteis para que anotemos a nosa lectura favorita deste verán. Aínda estades a tempo de vir e contarlle a vosa.
Animádevos!!!lunes, 18 de junio de 2018
BIBLIOTRÁILER "KIKA SUPERBRUXA E OS PIRATAS"
O alumnado de 2º A leu este curso, durante as "Horas de Ler", "Kika Superbruxa e os Piratas". Logo da lectura elaboraron o "Guión Gráfico" ou "Storyboard", e partindo dos seus guións fixeron este bibliotráiler. Agardamos que vos guste!
domingo, 17 de junio de 2018
A CARTELEIRA DO "CINEMA TORRE ILLA"
Xa está no corredor da planta baixa do colexio a exposición da carteleira coas películas e cortos traballados durante este curso no proxecto "Emocinéate". A exposición poderase visitar entre as 9:15 e as 11:15 esta semana.
martes, 12 de junio de 2018
MENCIÓN ESPECIAL PARA "MI PESADILLA FAVORITA"
O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNII), mediante a plataforma "Leer.es", ven de distinguir cunha "Mención Especial" do xurado o traballo do alumnado de 5º de Educación Primaria na elaboración dun "bibliotráiler". A obra escollida foi "O meu pesadelo favorito", de María Solar. O bibliotráiler creouse coa técnica "Stop Motion". Este traballo forma parte do proxecto que a biblioteca do centro está a desenvolver neste curso, relacionado co cine e as emocións. Parabéns ó noso alumnado!
martes, 5 de junio de 2018
viernes, 1 de junio de 2018
VISITA DE FINA CASALDERREY
Onte o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo un encontro coa escritora Fina Casalderrey no salón de plenos do Concello da Illa, que organizou este encontro. Todo o alumnado tivo ocasión de coñecer máis polo miúdo a obra da homenaxeada no día das Letras Galegas, e o libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito," de Fina e Marilar Alexandre. Aproveitando a ocasión, o alumnado de 6º preparou unha entrevista que pronto poderemos ver en "Carcamán tv".
jueves, 31 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
O expositor da biblioteca adicado ás "Letras Galegas 2018" ten varias colecións con libros de María Victoria Moreno, doadas polo concello, para seguir traballando á homenaxeada este ano no "Día das Letras Galegas".
Tamén podedes consultar os exemplares da "Revista Carcamán" deste curso, que ten coma protagonista de portada á nosa mascota caracterizada de superheroína.
jueves, 3 de mayo de 2018
ABRIL, MES DOS LIBROS
Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da"Semana do libro" do 23 ó 27 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
Nos recreos da "Semana do libro" fixemos intercambio de libros no "TROCOBOOK"
Tamén visitounos Anxo Moure para contarnos algúns contos e reciclar as malas novas que saen nos xornais.
Os intercambios de lectores entre aulas deixaron momentos coma este en Educación Infantil.
E os "apadriñamentos lectores" encheron todos os recunchos do patio para que os maiores agasallaran cunha lectura ós máis pequenos.
viernes, 27 de abril de 2018
jueves, 5 de abril de 2018
XIX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: "MULLERES DE CONTO"
Do 6 ao 29 de abril volve o "Salón do Libro de Pontevedra". O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela pretendemos render merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX. Para máis información preme no seguinte enlace:
miércoles, 4 de abril de 2018
ELABORANDO O GUIÓN GRÁFICO
O alumnado de segundo de primaria xa ten o guión gráfico ou story board para a elaboración do seu bibliotráiler ou booktrailer. Logo de ver como son os bibliotráilers doutros libros puxéronse mans á obra. Estamos desexando velo!!!
lunes, 12 de marzo de 2018
UN DESFILE DE PELÍCULA
O entroido do colexio encheu de cor, unha vez máis, as rúas da Illa de Arousa. O proxecto deste ano inspirou o tema, e servíu para afondar un pouco máis no mundo do cine.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)