viernes, 23 de junio de 2023
jueves, 22 de junio de 2023
ANDREA MACEIRAS VISITA AO ALUMNADO DE 6ºEP
OLA PEQUES E FAMILIAS!
O PASADO 6 DE XUÑO TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR UNHA NOVA VISITA DESAS QUE TANTO DESFRUTAMOS E COAS QUE TANTO APRENDEMOS. NADA MÁIS E NADA MENOS QUE Á GAÑADORA DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ANAYA DESTE ANO, ANDREA MACEIRAS!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!
O PASADO 6 DE XUÑO TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR UNHA NOVA VISITA DESAS QUE TANTO DESFRUTAMOS E COAS QUE TANTO APRENDEMOS. NADA MÁIS E NADA MENOS QUE Á GAÑADORA DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ANAYA DESTE ANO, ANDREA MACEIRAS!!
A RAPAZADA DE SEXTO ESTIVO LENDO O SEU LIBRO, A FOLLA AZUL. UN LIBRO QUE TEDES QUE LER TODOS, ESTÁ XENIAL!
ANDREA LEVOUNOS DE VIAXE AO AMAZONAS, ENSINOUNOS AS DIFERENTES COSTUMES DAS SÚAS TRIBOS, AS ESPECIES ANIMAIS ABRAIANTES QUE ALÍ HABITAN, E SOBRE TODO, A NECESIDADE DE COIDAR E MANTER VIVA A AMAZONIA, ACHEGÁNDONOS Á ARREPIANTE REALIDADE QUE A AMEAZA.
INCLUSO CONSEGUIU TRANSPORTARNOS ATA O AMAZONAS, SENTIR AS SÚAS CORES E OS SEUS SONS, NUNHA VIAXE GUIADA IMAXIARIA POR MEDIO DA LECTURA MENTRAS PECHABAMOS OS OLLOS.
E POR SUPOSTO, FOI TAN AMABLE DE FIRMARNOS O LIBRO QUE TANTO NOS GUSTOU. NON NOS PUIDO GUSTAR MÁIS A TÚA ORIXINAL PEGADA NOS NOSOS LIBROS. AGARDAMOS VOLVER A VERTE PRONTIÑO ANDREA!
E RECORDADE, COMO SEMPRE VOS DIGO… UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO!
APERTIÑAS LECTORAS!
jueves, 15 de junio de 2023
OS PEQUES DA GALIÑA AZUL VISITAN A BIBLIO!!
Boas peques e familias!!
Hai uns días recibiamos a visita dos peques da
Galiña Azul e a biblio vestiuse de gala (grazas aos voluntarios e voluntarias
de 4º e 6ºde EP) para recibilos como se merecen 😊
Despois de percorrer as diferentes instalacións
do cole, Libria acolleunos cun agasallo que levaron de recordo para as súas
aulas!!
Esperamos velos a todos e todas o ano que
ven 😁 !!
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)