jueves, 17 de abril de 2025

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!

Ola peques e familias!! 
Libria este curso comezou a celebración do MES DO LIBRO a última semana do trimestre!! Despois de ler todo o cole o libro que nos agasallou "A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A INTELIXENCIA ARTIFICIAL FANTÁSTICA" estabamos preparados para asistir ao GRAN ESPECTÁCULO!! 
Pero xa anunciara que tiña unha SORPRESA antes de marchar e así foi!! Visitounos o autor do conto CARLOS LABRAÑA!!
 Quedamos alucinados/as!! El asinou os libros e fixo fotos con todo o cole!! Foi unha visita estupenda!! Aquí quedan algunha fotiños de grupo que lle chegaron a Libria!! 
Despois disto chegaba o GRAN MOMENTO de poñer camiño para o AUDITORIO DA ILLA DE AROUSA todo o alumnado e profesorado do cole!! 
Alí nos esperaba o GRUPO DE TEATRO TANXARINA co seu gran espectáculo!! 
Que ben o pasamos!! Encantounos!! Cantamos, bailamos e descubrimos diferentes maneiras de facer teatro!! 
Tamén nos levamos unha ensinanza final!! A intelixencia artificial é positiva sempre que se lle dé bo uso pero: 
"SE ES LISTO,
E QUERES SER XENIAL.
PROBA A LER UN LIBRO:
E NUN CHIS-CHÁS
CÁMBIACHE O CONTO!!
A INTELIXENCIA NATURAL
O CEREBELO MÁIS XENIAL!!
CO-CO-RO-CÓ!!!
CO-CO-RO-CÓ!!!"
Ou como diría Libria: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Dende aquí o noso agradecemento ao Concello da Illa de Arousa por facelo posible, á editorial Galaxia, ao autor Carlos Labraña e a Tanxarina pola súa boa disposición e a Libria e todo o profesorado pola súa implicación!!
Apertiñas lectoras!!

domingo, 6 de abril de 2025

Chegou o día do espectáculo!!

Ola peques e familias!! 

Como xa anunciabamos fai un tempiño...

...e nolo recordaron os compis de quinto no seu INFORMATIVO SEMANAL ...

RADIO CARCAMÁN

Libria quería dar comezo a abril,  mes do LIBRO cun gran SORPRESÓN para todo o cole!! Foron semaniñas de preparación previa, de reparto e lectura dos libros de agasallo para todos os/as nenos/as e mestres/as do cole!! 

Coñecemos tamén contos TRADICIONAIS de autores ben importantes da nosa literatura como Carlos Casares, Xosé Neira Vilas ou Fina Casalderrey , entre os que están os seguintes: 

E por fin CHEGOU O GRAN DÍA!! Este mércores todo o cole iremos ao auditorio a disfrutar da OBRA DE TEATRO baseada neste conto. 

Grazas a Libria e ao concello da Illa de Arousa polo seu traballo en equipo para que isto fose posible!! 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 3 de abril de 2025

Visita de Andrea Maceiras!!

 Ola peques e familias!!
Como vos adiantamos na entrada anterior, en quinto de primaria levamos unhas semanas lendo o libro "A FOLLA AZUL" da escritora Andrea Maceiras. 

O libro conta unha historia impresionante que nos encantou e nos inspirou a facer CARTEIS de motivación á lectura do mesmo!! 

Días máis tarde, Libria comunicounos unha GRAN SORPRESA!!! A autora viría a visitarnos!! Un curso máis, volviamos a abrir as portas da biblio para recibila cos brazos abertos! Non tardamos nada en poñernos de novo mans á obra na elaboración de CARTEIS para anunciar a súa visita!! 

Tamén lle preparamos un agasallo conxunto das dúas aulas precioso!! Aquí unha mostra!!

E o día chegou!! Estabamos emocionadísimos/as!! 

No encontro contounos en que se inspirou para escribir esta preciosa historia e respondeu a todas as nosas preguntas!! 

Ademais asinou todos os libros cun precioso cuño, unha adicatoria e a súa sinatura!!

 Quedamos alucinados e moi agradecidos/as!! 

E así o contamos no noso INFORMATIVO SEMANAL!!

RADIO CARCAMÁN

 Moitas grazas pola túa visita!! Esperamos contar contigo o próximo curso!! 

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

E se queredes unha boa lectura... "A FOLLA AZUL" ou calquera dos libros de Andrea Maceiras son sempre unha boa opción!!

 Apertiñas lectoras!!

viernes, 28 de marzo de 2025

Gran semana para quinto de primaria!!

 Ola peques e familias!! 

Esta semana xuntáronse moitas emocións para os nenos e nenas de quinto de primaria!! Levan semanas disfrutando da lectura dun libro que lles encantou!! Trátase de: "A FOLLA AZUL" da autora ANDREA MACEIRAS. 

Pero a gran nova estaba por chegar e por fin podemos contala!! Libria anuncioulles que terán un encontro coa autora o próximo MARTES DÍA 1 DE ABRIL!! Poderán escoitar a historia na que se basea o libro, ter un momento de conversa e preguntas e a sorte de que ela mesma lles asine o libro!! Vaia mañá de emocións lles espera!! 

Pero tamén... á autora!! Xa que vai a alucinar cos carteis que as nenas e nenos realizaron para anunciar a súa visita e motivar á lectura do seu libro!! Aquí os primeiros recén saídos do forno que xa locen nas paredes do cole!! 

Prontiño vos poderemos mostrar todos!! A emoción é tan grande que hoxe incluíron a nova no seu informativo semanal!! Escoitade a estes expertos/as locutores/as!! 

RADIO CARCAMÁN

Ademais, tiveron outra SORPRESIÑA!! Libria xa anda na busca de VOLUNTARIOS/AS para realizar a formación no terceiro trimestre!! A gran maioría xa se anotaron!! Non podemos ter mellor nova para rematar a semana!! Seguiremos informando!! 

E antes de marchar...

recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!