martes, 12 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR NA BIBLIOTECA

Hoxe o alumnado de 5º tivo a sorte de coñecer a María Solar. Logo de ler durante o curso o seu libro "O meu pesadelo favorito" tiveron ocasión de coñecer de man da autora moitos aspectos dos persoaxes, da trama, e mesmo de cómo se fraguou a obra.
María contounos tamén o que supón recibir o Premio Lazarillo, ou a emoción de ver o libro na lista White Ravens, que é un recoñecemento dos máis importantes a nivel mundial para unha obra literaria.
Pasamos unha mañá inesquecible, e quixéramos seguir escoitando máis cousas, Mágoa que todo o bo remata. Foi unha experiencia fantástica!!!
Abril é o mes dos libros. A conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril e do Día do Libro o 23 de abril fai que este mes sexa moi especial para a lectura e os libros. Así que atentos porque vos agardan máis sorpresas!

jueves, 7 de abril de 2016

PROXECTO A ILLA DE AROUSA

 Este curso o proxecto da biblioteca está centrado na nosa localidade. Afondaremos na historia, na cultura e na tradición da Illa de Arousa. Será unha oportunidade para aprender a buscar e a seleccionar información, como están a facer xa os alumnos e alumnas de 5ºB. Tamén unha oportunidade de perfeccionar o texto informativo, xa que co froito da nosa investigación, entrevistas e actividades, elaboraremos unha guía turística.
 Converterémonos así en promotores da nosa localidade, amosando os atractivos culturais, paisaxísticos, gastronómicos e lúdicos que ofrece a Illa de Arousa

miércoles, 6 de abril de 2016

NAVEGANDO NA HISTORIA DA ILLA

O alumnado de 4º recibíu hai poucos días a visita de Juan Luciano Otero Besada, "Genito, exconcelleiro do municipio e autor dun documental realizado en 1969, e no que se recolle a forma de vivir dos habitantes da Illa de Arousa hai máis de 40 anos. A "Genito" preguntáronlle cómo era a vida por aquel entonces, e polos medios audiovisuais cos que elaborou o documental naquela época.