martes, 27 de mayo de 2014

COÑECENDO MÁIS DA ALIMENTACIÓN

O ALUMNADO DE QUINTO  DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU ESTES DÍAS NA ACTIVIDADE "VISITA O TEU SUPERMERCADO". LOGO DE RECIBIR UNHA PEQUENA CHARLA NO COLEXIO ABORDANDO ASPECTOS RELACIONADOS COA NUTRICIÓN, UNHA ALIMENTACIÓN AXEITADA E AS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS, FORON DE VISITA Ó SUPERMERCADO EROSKI DE VILANOVA DE AROUSA.


ALÍ VISITARON TODAS AS SECCIÓNS GUIADOS POR EVA E OS RESPONSABLES DO SUPER, E CONTINUARON EXPLICANDOLLES MOITOS ASPECTOS RELEVANTES PARA FACER UNHA BOA COMPRA E COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN.






NON FALTARON OS XOGOS, EXPLORANDO AS TEXTURAS E OS OLORES E SABORES DOS ALIMENTOS NATURAIS.



E PARA REMATAR, UNHA DEGUSTACIÓN PREPARADA CON MOITO DETALLE LOGROU QUE TODOS GOZARAN COAS FROITAS. MIRADE QUE BOA PINTA!!
 E POR SI FÓRA POUCO, TODOS RECOLLERON UN AGASALLO CON ALIMENTOS, XOGOS E BOLSAS  RESPETUOSAS CO MEDIO AMBIENTE  PARA FACER A COMPRA. FOI XENIAL!!!!

miércoles, 21 de mayo de 2014

A ARTE DO MEXILLÓN

COINCIDINDO COA FESTA DAS LETRAS GALEGAS, A BIBLIOTECA MUNICIPAL DA ILLA ACHEGOU UNHA ACTIVIDADE QUE PRETENDÍA DAR A COÑECER AS PROPIEDADES ALIMENTICIAS E NUTRITIVAS DO MEXILLÓN, DISFRUTAR DO SEU SABOR E DAS SÚAS POSIBILIDADES ARTÍSTICAS.
MIRADE QUE OBRAS DE ARTE FEITAS COAS CUNCHAS DO MEXILLÓN!!!


 OS MAIORES TIVERON UN ENCONTRO CUN MEMBRO DO CONSELLO REGULADOR DO MEXILLÓN PARA CONTARLLE DE PRIMEIRA MAN ASPECTOS RELACIONADOS CO CULTIVO, A VIDA E OS SISTEMAS DE PRODUCCIÓN DO MEXILLÓN.
 E  ELABORAMOS E DEGUSTAMOS UN RIQUÍSIMO PATE A PARTIR DE MEXILLÓN EN CONSERVA.


ESTA ACTIVIDADE PERMITÍUNOS SEGUIR AFONDANDO NO PROXECTO DE TRABALLO DA BIBLIOTECA DO COLE PARA ESTE CURSO, QUE COMO SABEDES XIRA ARREDOR DA ALIMENTACIÓN E DA NUTRICIÓN.


martes, 20 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

O VENRES DA SEMANA PASADA FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ADICADO ESTE ANO A XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
NO CORREDOR DA ENTRADA FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN COAS POESÍAS MÁIS FERMOSAS DO NOSO ALUMNADO PARA CONMEMORAR ESTA DATA.

 LOGO DUNHA SEMANA CHEA DE TRABALLO E EXAMES, CHEGOU A HORA DE DIVERTIRSE COS XOGOS POPULARES QUE PREPARARON OS PROFES PARA TODO O ALUMNADO NO PATIO DO CENTRO.


martes, 13 de mayo de 2014

CONTOS PARA VER E COMER

VAIA SORPRESA LEVOU O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL A PASADA SEMANA. 
AS NAIS E PAIS DALGÚNS DELES CONVERTÉRONSE EN PERSOAXES DO CONTO "A CASIÑA DE CHOCOLATE" PARA REPRESENTALO NO COLE. 


 TODOS QUEDARON ABRAIDOS COA POSTA EN ESCEA E CO BEN QUE O FIXERON.
POR ISO QUIXERONLLES AGASALLAR CUN DIPLOMA FEITO POR ELES
E POR SI FORA POUCO, A MAMÁ DE JORGE TROUXO UNHA CASIÑA DE CHOCOLATE COMA A DO CONTO PARA COMER.


ESTABA DELICIOSA!!

viernes, 9 de mayo de 2014

AXUDANTES DE LIBRIA DAS ULTIMAS SEMANAS

ELOY PAZ E GIOVANNA PATÓN DE 3ºB
IRIA DIZ E NATALIA DIOS DE 5ºA
MIGUEL POZA E LIDIA RIVAS DE 3ºC
AIMAR RIVEIRO E ROBERTO REY DE 3ºC
MIGUEL FERNÁNDEZ E DANIEL TORRES DE 4ºB
SARA PADÍN E MIGUEL PARADA

martes, 6 de mayo de 2014

UNHA VISITA PIRATA

PROMETÍAMOS MÁIS SORPRESAS RELACIONADAS COA LECTURA E OS LIBROS E NON VOS ENGANAMOS. A SEMANA PASADA ESTIVO NO COLE RAMÓN PEDRAS, O AUTOR DO LIBRO INFANTIL "BENITO SOTO, EL ÚLTIMO PIRATA".

APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE O PIRATA PONTEVEDRÉS BENITO SOTO E AS SUAS ANDAINAS, E PASÁMOLO MOI BEN CON RAMÓN, O SEU LORO E O PIRATA "BARBA ROJA"