viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS

No colexio festexamos as Letras Galegas con talleres creativos: "Hip hop con Manuel María", Kamishibai, decoración de camisetas e talleres de manualidades e de cociña. O alumnado de 3º elaborou este mural para o seu corredor cunha poesía de Manuel María que garda moita relación co noso proxecto deste curso.
Por outra banda, o Diario de Arousa informou das actividades realizadas estes días no colexio en colaboración coa Biblioteca Municipal. Tamén do proxecto que estamos a desenvolver este curso dende o colexio "A Illa de Arousa, a miña localidade". Xa estamos rematando as nosas guías!

miércoles, 25 de mayo de 2016

PROXECTO A ILLA DE AROUSA

O alumnado de 1º de Educación Primaria xa rematou o seu mapa da Illa de Arousa. Nel situaron os principais elementos da localidade. E non esqueceron o seu colexio

martes, 24 de mayo de 2016

VISITA DE PATRICIA SKINER

A  autora de contos infantís en lingua inglesa, Patricia Skiner, visitou a nosa biblioteca e tivo un encontro co alumnado de Educación Infantil. Patricia relatou algún dos seus contos.