27 septiembre 2025
19 septiembre 2025
Arrancamos o curso 25-26!!
Ola peques e familias!! Libria está preparando todo para poder realizar a APERTURA DA BIBLIOTECA moi prontiño!! Para iso, xa ten ao seu equipo de VOLUNTARIAS/OS DE SEXTO en formación!! Non podemos contarvos moito porque hai sorpresas pero si ensinarvos algunha fotiño dunha formación "a escuras" con Libria e as mestras do equipo de biblio... Aquí quedan!!E o que si podemos contarvos é que hoxe os CARTEIROS/AS DA BIBLIOTECA pasaron por todas as clases para entregar unhas CARTIÑAS moi especiais!! Aquí vos deixamos toda a información, xa estamos todos/as moi emocionados/as!! Como vedes, A BIBLIO ESTARÁ PREPARADA PARA ABRIR AS SÚAS PORTAS O LUNS 29 DE SETEMBRO!! Pero aínda quedan cousiñas por ultimar e as XORNADAS DE BENVIDA para as/os peques que comezaron novas/os no cole!! E antes de despedirme recordarvos que... "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)































