lunes, 29 de mayo de 2023

Visita do autor FRAN ALONSO

 

Ola peques e familias!!

O pasado venres o alumnado de 4º e 5º de primaria tivo a visita do escritor FRAN ALONSO!!




“Douche a miña palabra” é o libro que os rapaces e rapazas de 5º están a ler este trimestre e o autor non perdeu a oportunidade de explicarlles cousas sobre a escrita, a literatura ou como se chega a escribir un libro.





Por outra banda, o alumnado de 4º tivo a sorte de escoitar na voz do escritor os poemas que compoñen o seu libro titulado “O meu gato é un poeta”!!








GRACIAS FRAN ALONSO, por asinarnos tódolos libros, foi un pracer terte connosco 😀




 E RECORDADE QUE: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"!!


APERTIÑAS LECTORAS!!


lunes, 22 de mayo de 2023

PUBLICACIÓN DA REVISTA CARCAMÁN!!

Ola peques e familias!!


A semana pasada ademais de celebrar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS tamén recibimos con moita ilusión a publicación da nosa revista, A REVISTA CARCAMÁN!!


Poderedes acceder premendo no seguinte enlace de máxima calidade ou senón directamente no vídeo que atoparedes a continuación...

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS PARTICIPAR 😊!!


https://www.calameo.com/read/0073738177adaa2b231a0




Tamén vos deixamos unha presentación de tódalas portadas participantes porque merece a pena velas...OS NOSOS NENOS E NENAS SON UNS ARTISTAS!!


https://online.flippingbook.com/view/802459271/


E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"


APERTAS LECTORAS!!

martes, 16 de mayo de 2023

Visita da escritora EVA MEJUTO!

 

Ola peques e familias!!


A semana pasada tivemos unha sorpresa do máis divertida, Eva Mejuto visitounos e trouxo con ela o seu libro: Dez Gatiñas Viaxeiras!!

Pero...de que nos soa esta escritora?? Claroooo, é a autora de títulos tan coñecidos por todos nós como son...





Eva contounos o motivo que a levou a escribir este conto e ademais axudounos a crear historias, incluso nos propuxo un reto...facer a segunda parte do libro!!








Agradecémoslle moito que nos firmara tódolos exemplares que temos dos seus libros na biblio do cole.😊  PASÁMOLO XENIAL, VOLVE CANDO QUEIRAS!!









E aproveitando que mañá é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a autora deixounos o enlace para acceder á obra de teatro que escribiu adicada ao noso homenaxeado deste ano FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, esperemos que vos guste!!


https://primaveradasletras.gal/


E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"


APERTIÑAS LECTORAS!!

miércoles, 10 de mayo de 2023

A XANELA DO MAXÍN

 

Ola peques e familias!!

O pasado xoves @axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.


Pero non foi tan doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de 4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉



Comezamos pola caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga regando sempre á mesma flor...💧





Continuamos coa caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!








A seguinte caixa foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre todos e todas demos moitas solucións 😊





E por último tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏





E así foi como, ademais de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga, aire, lume e terra 👏


E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"


APERTAS LECTORAS!!

lunes, 8 de mayo de 2023

RETO SUPERADO!!

 
OLA PEQUES E FAMILIAS!!


“Un día espertei de madrugada e no meu maxín comezaron a
xurdir versos preciosos sobre a ESCRITURA e iso non é todo!! Parecía que tamén
tiñan ritmo!! Estábao escoitando como se soasen gaitas na miña habitación!! Non
quixen deixar pasar esa ocasión e levanteime para ESCRIBIR todo o que na miña
cabeza ía aparecendo...”


Así é como Libria decidiu escribir a canción que cada día soa no timbre do cole e que é o himno do noso proxecto: “Dálle ao lapis, Carcamán”!!


Hai uns días que xa adiantábamos cal ía ser o reto pero agora chegou o día de presentar estes marabillosos traballos que fixeron, con tanto agarimo, os nosos nenos e nenas do cole!!


Aínda que antes de desvelar o traballo final imos presentar toda a canción por si alguén se atreve a cantar con nós 😊


DÁLLE AO LAPIS, CARCAMÁN.

Dálle ao lapis, Carcamán,

o maxín deixa voar,

no papel deixa que pouse

e un mundo has inventar.

 

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamán!

 

Dálle ao lapis, Carcamá,

coas palabras has xogar,

coa ledicia, medos, risas,

contos, cantos vas crear.

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamá!

 

Dálle ao lapis, Carcamán,

que o escrito ha perdurar

e os días no Torre Illa

para sempre vas lembrar.

     

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamán!

 



E agora si que non vos fago esperar máis e aquí tendes o resultado do reto que consistía en escribir ben bonito e ilustrar cada verso da canción 😉!!

















E recordade que: "Un día sen ler e escribir, é un día perdido"!!


Apertiñas lectoras!!