lunes, 8 de mayo de 2023

RETO SUPERADO!!

 
OLA PEQUES E FAMILIAS!!


“Un día espertei de madrugada e no meu maxín comezaron a
xurdir versos preciosos sobre a ESCRITURA e iso non é todo!! Parecía que tamén
tiñan ritmo!! Estábao escoitando como se soasen gaitas na miña habitación!! Non
quixen deixar pasar esa ocasión e levanteime para ESCRIBIR todo o que na miña
cabeza ía aparecendo...”


Así é como Libria decidiu escribir a canción que cada día soa no timbre do cole e que é o himno do noso proxecto: “Dálle ao lapis, Carcamán”!!


Hai uns días que xa adiantábamos cal ía ser o reto pero agora chegou o día de presentar estes marabillosos traballos que fixeron, con tanto agarimo, os nosos nenos e nenas do cole!!


Aínda que antes de desvelar o traballo final imos presentar toda a canción por si alguén se atreve a cantar con nós 😊


DÁLLE AO LAPIS, CARCAMÁN.

Dálle ao lapis, Carcamán,

o maxín deixa voar,

no papel deixa que pouse

e un mundo has inventar.

 

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamán!

 

Dálle ao lapis, Carcamá,

coas palabras has xogar,

coa ledicia, medos, risas,

contos, cantos vas crear.

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamá!

 

Dálle ao lapis, Carcamán,

que o escrito ha perdurar

e os días no Torre Illa

para sempre vas lembrar.

     

Lailará-lalala-la,

lailará-larala-la

lailará-lalailarala

dálle ao lapis, Carcamán!

 



E agora si que non vos fago esperar máis e aquí tendes o resultado do reto que consistía en escribir ben bonito e ilustrar cada verso da canción 😉!!

















E recordade que: "Un día sen ler e escribir, é un día perdido"!!


Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario