jueves, 24 de julio de 2025

Fin de curso!!

Ola peques e familias!! 

Chegou o fin de curso e as últimas semanas  foron moi intensas e emotivas!! Na despedida do curso adoitamos centrar moito a nosa atención no alumnado de sexto, que foi moi importante para o funcionamento da nosa biblio e ao que ademais toca despedir!!

Para comezar, como todos os cursos, reunimos aos VOLUNTARI@S DE SEXTO que colaboraron e fixeron un gran traballo na biblio para darlles un detalliño!! Ademais, ía cunha mensaxe moi especial!! 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, DISPOSICIÓN E ILUSIÓN SEMPRE!!
 Desexamos que continuedes colaborando coa biblio do insti e que teñades moita sorte nesta nova etapa!!
Continuando desta vez con todo o alumnado de sexto, tamén preparamos a visita á BIBLIO DO IES onde os recibiron @s antig@s alumn@s do noso centro!! 
Ademais, preparamos para o DÍA DA SÚA GRADUACIÓN o xa tradicional PHOTOCALL, onde poden facerse unhas fotos moi chulas de recordo coas súas familias e mestr@s!!

 Parece que realmente lles gustou moito!! Alegrámonos!! Aquí vos deixamos algunha foto que nos chegou!! 
 Aquí o vídeo:
E así despedimos o curso coa intención de cargar pilas para que o seguinte chegue cargadiño de actividades e sorpresas!! Algunhas xa en proceso...
E recordade que en verán tamén... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"!! 
Para iso Libria quere axudarvos a escoller ben coas RECOMENDACIÓNS LECTORAS 
da entrada anterior!! 
Apertiñas lectoras!!

domingo, 15 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2025!!

Ola a todas e todos!!
Xa están aquí as 
recomendacións lectoras 
de Libria
para este verán 2025!!
Desfrutádeas!!

E recordade que
"UN DÍA SEN LER...
...É UN DÍA PERDIDO!!"
Apertiñas lectoras!!

Visita d@s peques da Galiña Azul!!

 Ola peques e familias!! 

Como todos os cursos durante o último mes recibimos sempre a visita d@s peques da Galiña Azul!! Unha das paradas no cole sempre é a biblio e para nós é unha visita moi especial e emotiva!! Nesta ocasión non foi menos e ver disfrutar aos peques con tanta ilusión dos contos da nosa biblio foi precioso!! 

Libria encantoulles e a ela tamén compartir historias con el@s!! 

Antes de marchar, a nosa mascotiña tiña preparados uns agasallos!! Un conto de pegatinas e unha pegatina para cada un/unha!! 

Esperamos que vos gustase vir!! Vémonos de novo en setembro!! 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 22 de mayo de 2025

Uns amadriñamentos/apadriñamentos lectores especiais!!

 Ola peques e familias!! 

A semana pasada tivemos unha visita ben especial!! Repetimos a actividade tan bonita que comezamos o curso pasado xunto co IES da Basella!! 

Algúns dos alumnos/as dese instituto visitáronnos xunto coa súa mestra Lidia para agasallarnos cuns CONTACONTOS moi especiais convertíndose en PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS d@s peques de Educación Infantil, 1ºe 2º de primaria por un día!! Ao cadrar co DÍA DA FAMILIA, todos os contos foron en relación a esta temática!! 

Aquí vos deixamos algunhas preciosas imaxes!!

Ao rematar, traían preparada unha actividade de PAPIROFLEXIA que nos encantou!! 

Rematamos a mañá cun intercambio de agasallos moi relacionados coa lectura!! El@s trouxéronnos este fermoso libro para a biblio!! 

E nós sorprendémolo cun moi da nosa terra e relacionado co proxecto deste curso, ademais duns MARCAPÁXINAS moi especiais de agradecemento!!


Foi unha xornada estupenda na que por unhas horiñas nos convertimos nunha GRAN FAMILIA unida pola LECTURA!!

Grazas pola visita!! Xa nos tarda repetir!!

 Apertiñas lectoras!!