lunes, 18 de diciembre de 2017
martes, 31 de octubre de 2017
PROXECTO CINE E EMOCIÓN
Este curso continuaremos afondando nas emocións, e desta volta o faremos da man do cine. O curso pasado iniciamos co proxecto "Emocionarte" un percorrido polas emocións e a arte, que agora poderemos continuar da man do cine. O cine será o instrumento pedagóxico que guiará a investigación arredor das relacións interpersoais, os conflictos, as paixóns e as emocións, ó mesmo tempo que desenvolvemos os contidos propios das diferentes áreas.
lunes, 16 de octubre de 2017
OS LIBROS LIBERADOS VOLTAN Á BIBLIOTECA
Os libros liberados pola Illa de Arousa no Bookcrossing do curso pasado comezan a chegar de volta á biblioteca do cole. Deixan atrás aventuras e viaxes pola localidade, e xa están dispostos a pasar o inverno na biblioteca.
Nos diarios da viaxe que realizaron comprobamos que fixeron un longo percorrido. Nestas aventuras, un dos libros atopouse con Adrián e Jorge, dous nenos de Valverde del Fresno, na provincia de Cáceres, que nos deixaron esta nota. Alegrámonos de que vos gustase a iniciativa, e que todos os que atopáchedes un "libro libre" gozárades coa lectura.
jueves, 5 de octubre de 2017
APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Xa temos nos corredores os carteis deste curso da biblioteca. "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
lunes, 19 de junio de 2017
ARQUITECTURA HUMANA
Estes días tivemos na exposición EmocionArte a versión da obra de Maruja Mallo "Arquitectura Humana", que fixo o alumnado de 6º B, e que relacionaron coa tristeza.
Neste vídeo, Sara e Eloy falan da obra, da autora e dos contidos de mátemáticas que traballaron con ela: xeometría, proporción e simetría.
jueves, 15 de junio de 2017
jueves, 8 de junio de 2017
GALERÍA EMOCIONARTE
Logo de todo un curso de traballo arredor das emocións e da arte no Proxecto EmocionArte queremos convidar a todas as familias a que visitedes a nosa "Galería de arte EmocionArte", que estará aberta o mércores 7, xoves 8, venres 9, luns12 e martes 13 de xuño entre as 13:30 e as 14:15, na sala de usos múltiples do colexio. Agardamos que vos guste!!
lunes, 5 de junio de 2017
V CERTAME DE RELATO CURTO
O 30 DE MAIO, EN PONTEVEDRA, FIXERON ENTREGA DOS PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" QUE CONVOCOU A FANPA (FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPA DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA). ENTRE OS PREMIADOS ESTÁ CANDELA, DE 6ºB, QUE RECIBÍU UNHA MENCIÓN ESPECIAL CO SEU RELATO "UNHA GRAN BATALLA". O SEU RELATO, XUNTO CON OUTROS PREMIADOS, PUBLICARONSE NUN LIBRO QUE EDITA A FANPA E QUE PODEDES ATOPAR NA BIBLIOTECA. NORABOA!!!
martes, 16 de mayo de 2017
viernes, 12 de mayo de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
XOGANDO APRENDEMOS ARTE
Hoxe compartimos este recurso recén incorporado ó repositorio "Abalar" que está gustando moito ó noso alumnado. É un xogo de preguntas e respostas sobre imaxes relevantes da historia da arte. Está pensado como recurso educativo na aula de plástica. Para xogar só ou cos amigos.
miércoles, 26 de abril de 2017
ABRIL, MES DOS LIBROS
Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da "Semana do libro" do 17 ó 21 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
O mércores e xoves os maiores apadriñaron ós máis pequenos, agasallando coas lecturas polos patios.
O venres 21 tivemos moitas visitas de familiares que nos falaron dos seus libros preferidos e das emocións que lles evocaban.
Tamén tivemos a visita do contacontos Servando Barreiro.
Unha semana chea de sorpresas arredor dos libros!
Enlaces ás noticias na prensa:
miércoles, 19 de abril de 2017
UN LIBRO, UNHA EMOCIÓN
Pixabay |
O venres 21 de abril gustaríanos que algún familiar do alumnado viñera lernos durante a "Hora de Ler" (de 12:15 a 12:35). Podería ser un conto, ou un fragmento dun libro, e quixeramos que nos falarades das emocións que vos evoca a súa lectura (por exemplo: contaxia felicidade, a súa lectura relaxa e tranquiliza, lémbravos á vosa infancia, o final e algo triste...). Deste xeito contribuiremos a mellorar o coñecemento das emocións dentro do noso proxecto EmocionArte.
Se vos animades a participar, poñédevos en contacto co titor/a .
miércoles, 5 de abril de 2017
BOOKCROSSING POLA ILLA:LIBRIA GO!
Para darnos algunha pista, os libros que deixou están localizados no seguinte mapa. Se os atopades, e decidides deixalos noutro lugar, podedes falar coas mestras/es da biblioteca para cambiar a súa ubicación no mapa.
Cando chegue o outono de 2017 os que atopedes os libros non os liberedes de novo, traedeos ó colexio para que pasen o inverno na biblioteca.
jueves, 23 de marzo de 2017
AS MENINAS EN "ARTS AND CRAFTS"
Xa están polos corrredores do centro as primeiras mostras do proxecto "EmocionArte". Con esta obra de Velázquez, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ampliar o vocabulario relacionado coas emocións en Lingua Inglesa, ó tempo que coñecer a obra e o autor.
viernes, 10 de marzo de 2017
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
O xornal foi esta semana un apoio para o traballo e a lectura nas aulas. Durante o recreo estiveron na biblioteca a disposición de todo o alumnado. Atopamos xornais de ámbito local, nacional e internacional.
Ademais, tamén puidemos consultar máis edicións nacionais e internacionais nos seguintes enlaces:
http://www.eufeeds.eu/
martes, 14 de febrero de 2017
TERRITORIO DAS ARTES... E DAS EMOCIÓNS. EmocionARTE.
Xa botou a andar o noso proxecto deste curso: EmocionArte. Con él melloraremos no uso e manexo da información, ó mesmo tempo que descubrimos algunhas obras de arte, e a súa vinculación coas emocións.
Para continuar o traballo de investigación, búsqueda e tratamento da información deixamos este "webmix". Agardamos que sexa de utilidade.
miércoles, 8 de febrero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)