jueves, 14 de noviembre de 2024

Volve o PRÉSTAMO de libros aos recreos!!

Ola peques e familias!! 

Despois duns días de formación no novo programa de xestión da biblioteca, chamado KOHA, por fin podemos poñer a andar o sistema de PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA NOS RECREOS que @s peques tanto botaron en falta!! 

Aínda queda moito traballiño por facer pero coa implicación de Libria e o seu equipo de mestr@s e voluntari@s de sexto conseguirémolo!! 

Hoxe comezamos a formación d@s mesm@s e ata houbo algúns que viñeron de maneira voluntaria a interesarse!!

Só podemos estar AGRADECIDAS coa implicación!! 

GRAZAS CHIC@S!! 

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

lunes, 11 de noviembre de 2024

Luns de tradición, luns de TROMPADA!!

 Ola peques e familias!! 

Xa o di o refrán popular... "POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"!! 

Así que no noso cole non deixamos pasar a oportunidade de xuntarnos tod@s no patio e facer unha GRAN TROMPADA!! 

Que chulo foi tirar o TROMPO tod@s xunt@s!! 


Que vivan as TRADICIÓNS!! 

Apertiñas lectoras!!

viernes, 1 de noviembre de 2024

Xornadas de portas abertas para as familias!!

 Ola peques e familias!! 

Despois da INAUGURACIÓN da renovada planta de abaixo da BIBLIO cos peques... tocou a quenda das FAMILIAS!! 

Libria quería que elas coñecesen de primeira man o resultado de tantos meses de traballiño!! 

A acollida foi marabillosa!! Quedamos sen palabras!! Só podemos dicir...MIL GRAZAS!!


 Esperamos que @s peques a disfruten tanto como a planta de arriba!! E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!